domingo, 5 de julio de 2009

7 e 8. Iniciando a revolta en tódolos frontes (carta ás AAVV)


CARTA ENVIADA AS AAVV DE TODA-LA PROVINCIA :

Prezados Sres.:

Estimando que é do interés da sua asociación, dirixímonos a vostedes para informa-los das alteracións que vai sufrir a prestación do servizo de Correos no rural galego con motivo da entrada en vigor do R.D. 503/2007, de 20 de abril (Mº de Fomento; BOE 111 de 9/05/2007)

Este R.D. ven modificar os arts. 37 e 47 do R.D. 1829/1999, de 3 de Decembro; en relación á entrega de envíos postais nos entornos especiais ou cando concurran circunstancias ou condicións excepcionais; calificando de entornos especiais ás zonas de povoación diseminada, vivendas illadas e/ou ubicadas a máis de 250 metros da vía pública habitualmente utilizada por calquera dos servizos públicos. O reparto faráse en estos casos mediante buzóns individuais ou agrupados ubicados ó paso ou en un punto de aproximación entre as vivendas e a vía de circulación. Correos poderá convír cós usuarios ou os seus representantes, Concellos competentes, promotores e demáis entidades responsábeis da proxección, construcción e mantemento, das edificacións do entorno afectado, o estabelecemento, ubicación e financiación de instalacións axeitadas para a entrega dos envíos postais ordinarios.

Po-la súa banda; a modificación do art. 47 do citado R.D.; recolle que a Subsecretaría do Ministerio de Fomento poderá establecer excepcións ás normas de calidade cando o xustifiquen situacións excepcionais , por motivos de infraestructura ou de xeografía.

Na nosa loita como Xunta de Persoal da provincia da Coruña, para defende-lo mantemento dos postos de traballo; non esquecemos que a posta en práctica do recollido no R.D. de referencia suporá tamén unha discriminación no trato á povoación de este país por razón do seu lugar de residencia; vulnerándose ó noso entender; o art. 14 da Constitución (“Todos los españoles son iguales ante la Ley; sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión, o cualquier otra circunstancia personal o social”)

O art. 19 da nosa Carta Magna da liberdade de residencia e circulación po-lo territorio nacional; o art. 51 ordena ós poderes públicos garantir a defensa de consumidores e usuarios ; os arts. 105,106 e 139 da Constitución poden ser esgrimidos na defensa dos dereitos cidadáns.

Por outra banda, os servizos postais son considerados factor de axuda para a cohesión económica e social, función que deixará de cumplirse coa aplicación dos cambios que denunciamos na prestación do correo en entornos especiais, precisamente os máis representativos de esa necesidade de cohesión social.

Coa entrada en vigor do R.D. aquí denunciado, atoparémonos con que os residentes no rural galego pagarán o mesmo po-los servizos postais que os residentes en núcleos urbáns e non terán unha prestación do correo de igual calidade e amplitude posto que non recibirán o seu correo ordinario a domicilio, e incluso se podería establecer en algúns casos un número de entregas inferior ós cinco días semanais estipuladas como norma xeral.

Por todo esto; convidámo-los a loitar po-los dereitos dos cidadáns ós que representan indicándolles que ó noso entender, están legitimados para presentar denuncias ante o Defensor del Pueblo; denuncias de tutela de libertades e de Recurso de Amparo, recollidos no art. 53 da Constitución; así como as demáis de defensa de consumidores e usuarios.

Sin máis que poñernos á sua disposición para todo aquelo que poidan necesitar; agardamos terlles sido de axuda na función social que desempeñan.


Saúdos cordiais.