miércoles, 20 de mayo de 2009

Concentración no Ferrol - 1


E chegóu o dia agardado para a comarca ferrolán!!
A pregunta estaba na boca de todas e de todos...
Serán capaces os Comités Coruñeses de atraer a xente á concentración???
As mostras de atención nas asembleias efectuadas con antelación todo o indicaba.
Había moita rabia, impotencia agardada e gañas de rebeldía!!
Efectivamente , as compañeiras e compañeiros SÍ respostaron como se agardaba. Con dignidade foron chegando antes das seis da tarde na tardiña soleada do mércores , 20 de Maio de 2009, para as seis en punto ser eles mesmos na defensa dos seus direitos.

Concentración no Ferrol - 2


Tomando posicións: cada quén no seu sitio!, a festa ía escomenzar con toda a forza de saberse invencibles pola unidade acadada, superando rivalidades e puntos de vista diferentes.
Por suposto que na nosa provincia nunca logróuse unha unidade como a que arestora temos. Compre conserva-la e sen dúbida acrescentala, fachendear dela; e con ela, presionar a quen corresponda!!!

Concentración no Ferrol - 3


Namentras que o Miguel , o Presidente da Xunta de Persoal atendía ós madrugadores Medios de Comunicación , impúsose unha espera agardada que desembocaría nunha dignísima algarada.

Concentración no Ferrol - 4

Agardamos que estas imáxenes fagan pensar a quenes se otorgaron o poder de decidir sen consultar con os traballadores afectados.

Concentración no Ferrol - 5


Moitas compañeiras e compañeiros secundaron e acudiron á concentracíón ferrolán, máis de 150 persoas amosaron a sua repulsa ás medidas impostas por unha dirección de Correos intransixente.
E habrá quen dirá :"-150 persoas nada máis"...
150 traballadoras e traballadores de Correos na comarca Ferrolán son multitude. Unha cantidade así terá que facer cavilar ós responsables sobor da posiblidade de aconsellar á Dirección madrileña de Correos que será millor unha honrosa marcha atrás nos seus plans, antes de pasar polo que se lles tén preparado ...

Concentración no Ferrol - 6


Houbo moitos compañeiros e compañeiras involucrada, que tiveron que quedarse no pé das escaleiras por falta de espazo.

Concentración no Ferrol - 7


A dirección quere impoñer o recargo no mundo rural, obrando perversamente na sua construcción e ordeamento... mais non son tan listos como quixeran, porque hai algo con que non contaban...

Concentración no Ferrol - 8


Enfilando a recta final cara a enorme manifestación na que lles pondremos ós mandamases as cousas moi clariñas.

Concentración no Ferrol - 9

Moita xente nunca estivo detrás dunha pancarta, sin soñóu tér que chegar a face-lo (na realidade todos queremos vivir en paz sen meternos en problemas), mais chega ese día en que vés que si non o fás, nunca poderás vivir con dignidade.

Concentración no Ferrol - 10


Demandando Unidade. Só así poderemos enfrontar o incerto futuro que nos agarda!!

Concentración no Ferrol - 11

Velahí compañeiras e compañeiros de Ferrolterra, de Ortigueira, As Pontes, Pontedeume, Narón, e un longo etcétera de xentes cabreadas dándose cita para aunar esforzos!!!

Concentración no Ferrol - 12

Nunha tarde soleada, onde había quenes estreaban sombreiros!!

Concentración no Ferrol - 13

E aunque vos pareza imposible de creelo, alí mesmo, detrás da pancarta, fixemos unha verdadeira festa con cánticos, consignas, berros e moi bó humor!!

Concentración no Ferrol - 14


... e chegóu o tempo de recoller... lástima, que no-lo estabamos pasando en grande!!

martes, 19 de mayo de 2009

Concentración na Coruña - 1

Certamente non sabíamos como iban a repostas os compañeiros. Sumidos nunha sociedade cuns valores pasotísticos inoculados polo poder a través dos Medios de Comunicación, o medo a dar a cara, xunto co egoísmo sutil e perversamente alentado tamén dende o poder; temíamos o peor.

Mais a nosa xente repostóu. Foron máis de 250 persoas as que se presentaron, a maior parte currantes en postos base en Correos, 250 seres cabreados, 250 currantes de a pé que ollan dia a dia como a sua empresa do seu corazón (Correos o levamos todos moi dentro) lle dá a espalda, ate na sua saúde.
En suma, 250 compañeiros involucrados nesta loita que escomenzamos hai unhas semáns e que tendrá na futura manifestación un punto e seguido, porque a loita será a longo plazo, de anos e anos de dura loita... é o futuro, non nos engañemos.

Porque si te relaxas un pouco, cómente de mil maneiras distintas.

Mais eiquí e agora estamos, en pé de loita, na batalla.
250 almas diante do edificio principal de Correos de A Coruña

Son as seis da tarde do martes , dia 19 de Maio de 2009... y este é o relato...

Concentración na Coruña - 2

A continuación transcribimos o comunicado conxunto que voz a voz, transmitímolo oficiña a oficiña; asembleia a asembleia, todos xuntos, en fraternidade, na unidade...

De histórica poderíamos calificar esta unidade. Imaxinádevos cando entrábamos nas oficiñas todos xuntos... tan distintos mais unidos no esencial... os compañeiros alucinaban... mais é a cruda e pura realidade: Correos sube o listón dos recortes tanto en dereitos elementais como no nosos soldo , penalizando mil veces a nosa saúde... non hai mais remedio que a unidade se queremos parar istes desmanes.

Concentración na Coruña - 3


COMUNICADO CONXUNTO

A pesar das moitas diferencias que nos distancian, das distintas formas de interpretar o sindicalismo que temos, os sindicatos que nos atopamos aquí representados (CCOO, CIG, S. Libre, CGT e máis a UGT que participa en toda esta mobida, pero que dedicíu facer as asambleas pola sua conta ainda coa desaprobación do resto da Xunta e do Comité), deixamos as nosas discrepancias de lado para unirnos e facer fronte común diante deste problema que nos ven encima e que nos afecta a todos.

Ó mesmo tempo buscamos a comunicación entre os sindicatos e traballadores para así dende a unidade total loitar ata conseguir que se eliminen os recargos...

Concentración na Coruña - 4

Todos temos coñecemento de que Correos ten intención de aplicar unha política de aforro e coma sempre vai tratar de utilizar os traballadores e máis directamente ós de reparto como víctimas para conseguir os seus obxetivos, esquencéndose das cargas de traballo, da calidade do servicio e pisoteando os dereitos do persoal afectado.

Concentración na Coruña - 5


Nesta ocasión , tratando de xustificar a medida na crise económica e na redución da carteira de clientes coa consecuente merma no volumen de negocio, pretenden deixar sen cubrir todo tipo de ausencias canto menos durante os tres primeiros dias (falamos de dias de AP, Permisos varios e incluso baixas) nese periodo os compañeiros colindantes ou da unidade terán que facerse cargo do reparto, é o que todos coñecemos como recargo.
Esta medida viña aplicándose exclusivamente na epoca estival nos meses de xullo e agosto en certas carterías urbanas, pero agora pretender facela extensiva a todas as unidades incluíndo ós rurais e durante todo o ano.

Concentración na Coruña - 6

Dende o noso punto de vista esta é unha medida inxustificada, ademáis das dúbidas de xeito legal que nos levanta a aplicación dos recargos nas zonas rurais, consideramos inaceptable e inadmisible que pretandan mellorar os resultados económicos a costa de facer desaparecer postos de traballo, de reducir o volumen de contratración, aumentando a carga de traballo ata cotas inasumibles na xornada laboral e deixando caer a calidade do servicio a uns indices perigosos para a subsistencia de Correos.

Concentración na Coruña - 7


Pola nosa parte e conxuntamente propoñémosvos un camiño de mobilizacións para paralizar esta tentativa de Correos de implantar estes recargos abusivos e indiscriminados.

Concentración na Coruña - 8

A nosa pretensión sempre e cando Correos non dé marcha atrás, é facer unha grande manifestación en Santiago para domingo 14 de xuño, con saída dende a Alameda ás 12:00 horas da mañá. Trataremos que sexa unha manifestación lúdico - festiva aproveitando para facer unha xornada de unidade sindical frentre a Correos, ademáis de reinvindicativa e de convivencia.

Concentración na Coruña - 9


Toda esta carreira contra os recargos vai estar organizada pola Xunta de Persoal e polo Comité de Empresa de Correos de A Coruña, dende aquí faremos todo o posible para que a prensa e os medios de comunicación lle fagan o seguemento que se merece esta mobida.
Tamén invitaremos a participar ós cidadáns, que son os directamente afectados pola merma da calidade no servizo a través das ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS e máis a cada ún dos Sindicatos para que nos apoien en todo este proceso.

Concentración na Coruña - 10


Si queremos parar esto , temos que estar todos unidos e hai que empezar con toda a foza acundindo primeiro ás concentracións e logo a grande manifestación do -recordemos- dia 14 de Xuño.

Concentración na Coruña - 11


Ante estas medidas de presión e abusivas , temos que opoñer unha loita sen cuartel para conquerir que non se leven a cabo.
De momento están estas concentracións, como esta de A Coruña que xuntóu a máis de 230 persoas, que poden parecer poucas, pero as que foron o fixeron concienciadas do "que hai", como traballador@s de correos que son.

Concentración na Coruña - 12


...Se fallamos nesto , non haberá quen pare a Correos na sua carreira para quitarnos os nosos dereitos.
Non podemos consentilo. É labor de todos.

Concentración na Coruña - 13


A música acompañóunos sempre, o toque dos cornetíns de CCOO acompañados en boa armonía cos bombos da CIG , os pitos do SL e o imitanimais de CGT.

Concentración na Coruña - 14


Quenes millor o pasaron foron os de Comisións Obreiras.

Concentración na Coruña - 15

Por suposto que seguimos acordándonos do Celso, do Losada, dos Recargos, de que non somos animais e que lles exiximos un chisquiño de dignidade a tales altas esferas postais.

Concentración na Coruña - 16

Lástima de indicador!!

Concentración na Coruña - 18


Obxetivo conquerido: Unha concentración multicolor, cheiña de caras coñecidas.

Concentración na Coruña - 19


Miguel (CIG), o Presidente e Andrea (CGT) a segredaria da Xunta de Persoal moi satisfeitos tanto da afluencia da concentración como do recollido polos Medios.