lunes, 30 de marzo de 2009

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 1


"POR UNHA ROUPA DE TRABALLO DIGNA, UNIFORMES DE CALIDADE PARA TODOS!!!


Dende o Comité de Empresa e dende a Xunta de Persoal cansados de demandar de Correos unha solución definitiva a este problema dos “uniformes e dos equipos de protección individual” iniciamos unha campaña de movilizacións cunha CONCENTRACIÓN diante do Edificio da Oficina Principal de Correos na Coruña, que celebramos o derradeiro luns, dia 30 ás nove e cuarto da mañán.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 2


ONDE VAN AS PRENDAS QUE SE DEVOLVEN PARA CAMBIALAS?

Todos os traballadores que tiveron que facer algún cambio porque as prendas ou calzado do seu uniforme non era da súa talla ou tiña algún problema de acabado, tiveron que ser eles mesmos quenes se puxeron en contacto coa empresa suministradora ITURRI, para solucionar o problema, na vez de arranxalo o propio Correos, que entendemos que é quen debería resolver estas cuestións.

O problema non facía máis que empezar, porque logo de perder moito tempo para poder contactar con ITURRI, os uniformes e prendas preparados e empaquetados para os cambios, que tiñan que ser recollidos por unha empresa de mensaxería, votaron ata seis meses nos centros de traballo agardando a que viñeran por eles.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 3

O peor foi que esas prendas e calzado e incluso uniformes completos que foron devoltos para cambiar nunca lles foron repostos ós traballadores por outros da súa talla.

Esto quere decir como xa denunciamos diante de Correos que ITURRI dalgún xeito estaba incumplindo o contrato con Correos porque estaba quedándose con prendas que logo non devolvía. A Correos non parece que lle importara este feito ¿Obtería algún beneficio destas maniobras?

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?”- 4

EQUIPOS DE PROTECCION INDIVIDUAL QUE NON GARANTEN A PROTECCIÓN DOS TRABALLADORES DE CORREOS.

Para empezar, non todos os traballadores/as que entran a traballar en Correos teñen á súa disposición equipos de protección, atopámonos, sobretodo con persoal contratado eventual, que teñen que sair ó reparto sen él, ou no mellor dos casos con roupa xa usada e con cascos reutilizados, que non garanten debidamente a súa protección, nin hixiénica, nin contra posibles accidentes.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 5


Dende a Xunta de Persoal e dende o Comité de Empresa estamos reclamando de Correos que nos dé uns Equipos de Protección Individual en perfecto estado e apropiados para a nosa climatoloxía e axeitados para cada posto de traballo. (As prendas de auga que nos facilitan ó primeiro lavado vaiselle a protección impermeable, e aquí en Galicia non chove pouco) (Ademáis teñen que facer prendas máis específicas e diferenciadas segundo do posto de traballo que se trate)

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?”- 6

UNIFORMES FALTOS DE CALIDADE.

Non sabemos por qué, cada vez que un tipo de calzado ou unha prenda era aceptada e os traballadores estaban contentos con ela, no seguinte envío de uniformes esta modificabase ou cambiabase por outra que non tiña a mesma aceptación entre os usuarios.

A calidade das prendas do uniforme e do calzado foi menguando ano tras ano e xa non digamos do seu acabado e comodidade que deixa moito que desexar.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 7

ESTEMPORANEIDADE NA ENTREGA DOS UNIFORMES.

Levamos dende que comenzaron a dar uniformes tratando que Correos no los entregue na súa época, o que esta sucedendo temporada tras temporada é que os uniformes de inverno están chegando as mans dos traballadores na primavera e os de verán cando xa estamos no outono.