domingo, 18 de enero de 2009

CAMPAÑA EN NARÓN . 7 (final comunicado)


Coa entrada en vigor do R.D. aquí denunciado, atoparémonos con que os residentes no rural galego pagarán o mesmo po-los servizos postais que os residentes en núcleos urbáns e non terán unha prestación do correo de igual calidade e amplitude posto que non recibirán o seu correo ordinario a domicilio, e incluso se podería establecer en algúns casos un número de entregas inferior ós cinco días semanais estipuladas como norma xeral.

Por todo esto; convidamos a loitar po-los dereitos dos cidadáns ós que representan as AAVV de Narón e na sua extensión, de cada concello galego, indicándolles que ó noso entender, están legitimados para presentar denuncias ante o Defensor del Pueblo; denuncias de tutela de libertades e de Recurso de Amparo, recollidos no art. 53 da Constitución; así como as demáis de defensa de consumidores e usuarios.