viernes, 12 de junio de 2009

ROLDA DE PRENSA. 3 (a estratexia de Correos ante a crise)


No seu día, xa nos dirixiramos a opinión pública para trasladarlle a nosa preocupación, logo de que se aprobara un Real Decreto onde se reducían os dereitos dos cidadáns con residencia en contornos especiais, obrigando ós alí residentes a poñer caixas de correo centralizadas e comunitarias, feito que afectaba negativamente e de maneira especial ó rural galego. Aínda que non conseguimos abolir ese Real Decreto de momento e gracias ás mobilizacións levadas a cabo a aplicación desa norma está practicamente paralizada.

Agora queremos denunciar e o mesmo tempo comunicarlles a nosa inquietude pola política que esta aplicando Correos utilizando como xustificante a actual situación de profunda crise para tratar de mellorar os resultados económicos reducindo gastos a costa de sobrecargar ós traballadores por non facer contratos de substitucións para cubrir as ausencias, xerando con elo unha grave perda na calidade da prestación dos servicios postais o que repercute negativa e directamente en todos vostedes como cidadáns, clientes – usuarios de Correos, con dereito a recibir 5 días laborais á semana a correspondencia nos seus domicilios e baixo uns parámetros de calidade establecidos.

Dende a Xunta de Persoal e do Comité de Empresa para tratar de frear esta política de Correos, estamos levando adiante unha campaña de mobilizacións que iniciamos coas concentracións do persoal de Correos diante das oficinas das cabeceiras comarcais da provincia en Santiago, A Coruña e Ferrol, cunha participación masiva por parte dos traballadores. E agora para rematar esta primeira fase temos convocada unha manifestación polas rúas de Santiago para o vindeiro domingo 14 de xuño con saída ás 12:00 horas dende a Alameda.