martes, 1 de abril de 2008

Estimad@s compañeir@S da Provincia de A Coruña:

Dirixímonos a vós có orgullo de podervos comunicar que po-la vontade unánime dos sindicatos CIG, UGT, SL e CGT ; unha vez superado o proceso electoral de Maio 2007, constituimos a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa, que son os
órganos de representación a nivel provincial do persoal funcionario e laboral de Correos respectivamente.

Para poder conformar a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa, a lei esixe un mínimo de delegados electos que asistan ás convocatorias de constitución e traballen polo funcionamento de estes órganos na Coruña.
Afortunadamente cúmplese o requisito coa presenza da CIG, UGT, SL e CGT, grazas ó apoio que os funcionarios e laborais distedes ás candidaturas dos nosos sindicatos , pois anque CCOO e CSI-CSIF foron convocados e invitados po-lo resto dos sindicatos promotores da constitución da Xunta de Persoal de Funcionarios de A Coruña e do Comité de Empresa do persoal laboral de A Coruña; éstos sindicatos, nin se presentaron, nin excusaron a sua ausencia con motivo algún, xa fora para a xuntanza de constitución ou as posteriores.

Os cometidos da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa son entre outros: Representar ó colectivo de funcionarios e laborais respectivamente nas demandas de direitos e de milloras po-las que éstos queiran loitar; informar ó persoal e atende-las queixas e problemas do mesmo sen distinción por pertenza ou non ós sindicatos, etc.

CIG, UGT, SL e CGT , promotores e membros da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa poñémonos á vosa disposición para canalizar as queixas e problemas que nos queirades confiar.

É doado ver a importancia que: primeiro, exista e, segundo funcione a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa ; si @s
delegad@s elect@s non o conquerimos , boa parte da nosa responsabilidade queda en irresponsabilidade; a legalidade non se cumpliría.

Agardamos que a nosa intelixencia, a forza do voso apoio, e a realidade dos graves problemas inmediatos que nos atañen, nos fagan traballar decididamente en interés de todos para o triunfo dos nosos obxetivos: melloras de condicións de trabllo, salariais, sociais, etc.



XUNTA DE PERSOAL E COMITÉ DE EMPRESA DE CORREOS DE A CORUÑA