lunes, 30 de marzo de 2009

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 1


"POR UNHA ROUPA DE TRABALLO DIGNA, UNIFORMES DE CALIDADE PARA TODOS!!!


Dende o Comité de Empresa e dende a Xunta de Persoal cansados de demandar de Correos unha solución definitiva a este problema dos “uniformes e dos equipos de protección individual” iniciamos unha campaña de movilizacións cunha CONCENTRACIÓN diante do Edificio da Oficina Principal de Correos na Coruña, que celebramos o derradeiro luns, dia 30 ás nove e cuarto da mañán.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 2


ONDE VAN AS PRENDAS QUE SE DEVOLVEN PARA CAMBIALAS?

Todos os traballadores que tiveron que facer algún cambio porque as prendas ou calzado do seu uniforme non era da súa talla ou tiña algún problema de acabado, tiveron que ser eles mesmos quenes se puxeron en contacto coa empresa suministradora ITURRI, para solucionar o problema, na vez de arranxalo o propio Correos, que entendemos que é quen debería resolver estas cuestións.

O problema non facía máis que empezar, porque logo de perder moito tempo para poder contactar con ITURRI, os uniformes e prendas preparados e empaquetados para os cambios, que tiñan que ser recollidos por unha empresa de mensaxería, votaron ata seis meses nos centros de traballo agardando a que viñeran por eles.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 3

O peor foi que esas prendas e calzado e incluso uniformes completos que foron devoltos para cambiar nunca lles foron repostos ós traballadores por outros da súa talla.

Esto quere decir como xa denunciamos diante de Correos que ITURRI dalgún xeito estaba incumplindo o contrato con Correos porque estaba quedándose con prendas que logo non devolvía. A Correos non parece que lle importara este feito ¿Obtería algún beneficio destas maniobras?

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?”- 4

EQUIPOS DE PROTECCION INDIVIDUAL QUE NON GARANTEN A PROTECCIÓN DOS TRABALLADORES DE CORREOS.

Para empezar, non todos os traballadores/as que entran a traballar en Correos teñen á súa disposición equipos de protección, atopámonos, sobretodo con persoal contratado eventual, que teñen que sair ó reparto sen él, ou no mellor dos casos con roupa xa usada e con cascos reutilizados, que non garanten debidamente a súa protección, nin hixiénica, nin contra posibles accidentes.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 5


Dende a Xunta de Persoal e dende o Comité de Empresa estamos reclamando de Correos que nos dé uns Equipos de Protección Individual en perfecto estado e apropiados para a nosa climatoloxía e axeitados para cada posto de traballo. (As prendas de auga que nos facilitan ó primeiro lavado vaiselle a protección impermeable, e aquí en Galicia non chove pouco) (Ademáis teñen que facer prendas máis específicas e diferenciadas segundo do posto de traballo que se trate)

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?”- 6

UNIFORMES FALTOS DE CALIDADE.

Non sabemos por qué, cada vez que un tipo de calzado ou unha prenda era aceptada e os traballadores estaban contentos con ela, no seguinte envío de uniformes esta modificabase ou cambiabase por outra que non tiña a mesma aceptación entre os usuarios.

A calidade das prendas do uniforme e do calzado foi menguando ano tras ano e xa non digamos do seu acabado e comodidade que deixa moito que desexar.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 7

ESTEMPORANEIDADE NA ENTREGA DOS UNIFORMES.

Levamos dende que comenzaron a dar uniformes tratando que Correos no los entregue na súa época, o que esta sucedendo temporada tras temporada é que os uniformes de inverno están chegando as mans dos traballadores na primavera e os de verán cando xa estamos no outono.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 8

O PERSOAL CONTRATATO EVENTUAL, O PEOR PARADO.

Sin duda quen leva as de perder neste caso como na maioría, é o persoal eventual que acude a traballar a Correos cun contrato de máis ou menos días e atópase que para él/ela non hai uniforme e no mellor dos casos unha prenda “identificativa” de Correos, como pode ser un chaleco. É decir teñen que poñer a súa roupa para traballar, sen que eso lles sexa recompensado de ningunha maneira.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 9

ONDE ESTA O STOCK NECESARIO PARA EMERXENCIAS

Estamos cansos de reclamar que Correos estableza uns almacéns de stocks de uniformes e equipos de protección, de tal xeito que cando se produce unha rotura dunha prenda, ou se contrata a un traballador/a que non teñan que agardar unha eternidade para ter a prenda ou equipo que necesitan.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 10

O RD 1215/1997, de 18 de Xullo, establece as disposiciós mínimas de seguridade e saúde para a utilización polas Equipas de Traballo., que é de aplicación dende fai máis de 9 anos, a pesar do cál, fora de reiterado cumprimento dende esa Xefatura, en concreto na entrega de roupa de abrigo y chubasqueiros, fundamentalmente no persoal eventual. RECORDANDO TAMEN QUE NO SEU anexo III sobre “Lista indicativa y no exhaustiva de actividades y sectores de actividades que poden requerir a utilización de equipos de protección individual”, no apartado 7) considera-se a “roupa de protección para o mal tempo”, como as equipas a dispensar polo empresario para“Traballos o ár libre con tempo chuvioso ou frío”.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 11

Requerimos á direccion provincial que con o fin primeiro de salvagardar a saúde dos traballadores, y con o fin ultimo de evitar sancións, proceda-se á entrega das equipas de protección individual que de maneira obligatoria debe entregar ó personal afectado.

"UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?" - 12

Po todo elo , ESIXIMOS que se establezca un protocolo para que el todo el personal que se incorpore a algún puesto de trabajo por primera vez, sea de manera eventual o fija, reciba dichos equipos de protección individual de manera inmediata, así como se dispongan de reservas suficientes para evitar posibles imprevistos y así no se llegue a la situación de no proceder a su entrega por falta de existencias

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 13


... E a continuación ofrecerémosvos o plato forte desta movida: un desfile simbólico das prendas da colección da temporada de verán 2009. Participarán os mellores modelos do “corpo” de Correos.
O Miguel fica ataviado cun atractivo pantalón dél. Como prenda de peito utiliza unha bolsa de plástico, xa que as camisas quédanlles pequenas. Ulitiza unhas gafas para o sol, neve, choiva, jefes... Para terminar, acompaña cun bonito megáfono para cantar as malas.
Bego luce un bonito pantalón recortado pola mitade (a outra parte a empregóu en facer un chaleco). Pantalón especialmente diseñado para os dias de choiva, porque si a empresa non dá botas, e téste que mollar os pés, polo menos que se salve o pantalón!! Acompaña un bonito casco disimulado, a modo de casco dos antigos Húsares Imperiais. (A Bego é motorista). Para terminar leva un estruendoso bombo para ir chamando polas casas das aldeias , para irlle preguntando ós veciños cál é o número da sua porta.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?”- 14


Eiquí temos o Camba, lucindo a nova pucha de inverno dun novo Correos galego, a corbata , (cuio deseño fora un auténtico quebradeiro de cabeza para o seu creador), a camisa que lle chega as pernas (ben disimulada coa saia), o chubasqueiro sudador, a faldriqueira, que a modo de peteiro, sirve para gardar os certificados, reembolsos, xiros, pdas, bocata e ipcs.
Acompaña tan suxestivo vestuario cunha saia molonga coas cores do tartán galego (tartán era o texido con que se distinguían as famillas e os clans na antiguedde nos países céltigos), e os carpíns blancos, para protexer as pernas dos mordiscos dos cans.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?”-15


E ahí temos outros tres lindos modelos da roupa que se ha levar esta temporada: Andrea luce o xa mítico chubasqueiro famoso xá pola sua humidade interior . Román luce un pantalón que lle queda curto e ... quen será? , pois o Anxo vai cunhas gafas mercadas por él mesmo (Correos non dá esas cousas, senón que témolas que mercar nós mesmos !), e un dos cascos milicroques superusados e supergolpeados, pero que siguen de noviños como o primeiro día!!

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” -16


Outro modelo triunfador da mañán: o Patiño e o seu bombo, que coa Bego no outro rincón non deixaron de atronar en plan estéreo ós velos ouvidos dos xerarcas, que non paraban de espiar, medio ocultos e ocultas dende as fiestras.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?”-17


O Carlos lucéu dun rubio atractivo, cautivando ate a Zipi e a Zape, que non deixaban de quitar fotos para sua ama-maestra.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 18


E para acabar o desfile de modelitos, eiquí tedes a duas preciosidades: a Bego, que non paróu en toda a xornada, e o Camba, estrenando a saia galega.

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 19


Ó final, a Xefatura Provincial recibíu outra labazada dos Comités, e a xente quedóu contenta, satisfeita e motivada.

Querida xente: habrá máis ocasións de voltar a rua. Tede confianza nos Comités, que estamos poñendo toda a carne no asador na consecución das nosas cousas, dos nosos dereitos!!

martes, 10 de marzo de 2009

CAMPAÑA POLA CTA DE LAVACOLLA - 1



Como colofón dunha primeira etapa de luita reinvindicativa pola defensa e negociación da nosa TÁBOA REINVINDICATIVA DA CTA, confeccionada nos derradeiros meses, iniciamos a concentración final, pechando así a ronda de asembleias explicativas de tódolos puntos acordados para face-los realidade nos vindeiros tempos.
Se poñan como se poñan, os Comités van seguir sen esquecer nengunha fronte aberta: Narón, Carballo, Boiro, CTA ...

CAMPAÑA POLA CTA DE LAVACOLLA - 3 e 2




Estiveron nerviosos perante todo o dia, e seguramente non sabrían como parar esta nova iniciativa da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa.
Na CTA, vinte minutos antes de iniciar a movida, o xefeciño do turno de tarde non se lle ocurréu máis que decirlle a todolos compañeiros: "quen salga fora, se lle descontará"...o medo estaba servido, a ameaza tamén.
Minutos máis tarde, cando se lle recriminóu a sua actitude inxusta, este xefe, para defenderse dixera que fora a Xefa de Loxística quen lle dera ordes precisas para decir o que dixo...
E o dixera ante testemuñas...

CAMPAÑA POLA CTA DE LAVACOLLA - 5 e 4


Dentro estaban parte de nós dando unhas breves palabras ós compañeiros. Fora , o resto estabamos xá tomando posicións...
Non se viron en ningún momento a Zipi nin a Zape, mais no seu lugar aparecéu un carro moi sospeitoso...

CAMPAÑA POLA CTA DE LAVACOLLA - 7 e 6


E alí estaban... metidos nun coche aparcado moi preto dous homes vixiándonos... parecían da secreta...será normal na policía secreta española vixiar ós movimentos sociais???

CAMPAÑA POLA CTA DE LAVACOLLA - 9 e 8



A xente escomenza a saír e a situarse a carón da pancarta, a sostela e a comprometerse coa loita iniciada de defensa da nosa dignidade...

CAMPAÑA POLA CTA DE LAVACOLLA - 11 e 10


Por alí andaba tamén a prensa...

CAMPAÑA POLA CTA DE LAVACOLLA - 13 e 12


@s compañeir@s íanse turnando diante da pancarta...

CAMPAÑA POLA CTA DE LAVACOLLA - 15 e 14


Despóis de que Anxo e Andrea dirixiran unhas palabras ós compañeiros reunidos na entrada , escomenzaron a saír ocupando os primeiros lugares da pancarta... había gañas de loita!!

CAMPAÑA POLA CTA DE LAVACOLLA - 17 e 16



Claro que no turno de tarde había mais xente!!, o frio impoñia a sua lei e moita xente quedóu na entrada; non dentro do edificio, pasando de todo; , como querían os xefes de A Coruña e o seu enviado as terras de Lavacolla.

CAMPAÑA POLA CTA DE LAVACOLLA - 19 e 18



Cabreados, moi cabreados polo trato da dirección, os bulos, ameazas, prepotencia... o friaxe físoxe pequeno diante da afrenta...

CAMPAÑA POLA CTA DE LAVACOLLA - 21 E 20



Facia moito frio no alto de Lavacolla, onde está enclavado o CTA. Xa a partires daquela, notábase que andaba a chegar a xeada...

CAMPAÑA POLA CTA DE LAVACOLLA - 22

Finalizamos a concentración, pensando no vindeiro paso na defensa da nosa táboa reinvindicativa.