miércoles, 3 de febrero de 2010

ESIXIMOS Á EVI RESPETO E XUSTIZA CARA ÓS NOSOS COMPAÑEIROS ENFERMOS!!!!


A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de Correos, acordan facer unha concentración de protesta de delegados de Correos da provincia ante o edificio provincial do INSS sede da EVI desta cidade, situado na rúa Emilia Pardo Bazán nº 15, o venres 5 de febreiro de 2010, ás 11:00 da mañá, polo xeito en que este organismo evacúa os informes evaluadores de incapacidade dos traballadores/as.


Queixámonos de que os dictames evaluadores, fanse principalmente, seguindo pautas e instruccións que teñen moito máis que ver có interese por recorta-los custos públicos; que coas máximas esixibles nun Estado de Dereito.
Os traballadores e traballadoras de Correos, neste caso, teñen dereito a poder “vivir” con dignidade, e ausentes de riscos engadidos ás patoloxías que os aqueixan, sen verse obrigados a desenrolar traballos e actividades lesivos para súa menoscabada saúde.

Aínda recoñecendo as doenzas, os informes do EVI, non determinan explícitamente as incompatibilidades das mesmas, coas actividades laborais dos traballadores, deixándoos abandonados e á súa sorte fronte ás esixencias empresariais, con frases feitas e pretendidamente concluíntes, pero en realidade ambiguas e cobardes coas que só buscan salvar a súa responsabilidade, como “no está afectado por lesión o proceso patológico irreversible o de incierta irreversibilidad, que le imposibilite TOTALMENTE para el desempeño de las funciones propias de su cuerpo, escala, plaza o carrera”.


martes, 26 de enero de 2010

Concentración 25/1/10, barrios flotantes e enfermos represaliados. 1




SI O TRABALLO É SAÚDE, QUE TRABALLEN OS ENFERMOS.


Os delegados/as da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa de Correos da Coruña concentrámonos o día 25 de xaneiro de 2010, ás 9:30 horas da mañán diante do edifício da Xefatura Provincial de Correos da Coruña, en son de protesta po-los ataques contra o dereito á saúde, e á dignidade no desenrolo dos nosos postos de traballo.
PARA QUE A CADA TRABALLADOR DE REPARTO SE LLE ASIGNE CON CARÁCTER DE FIXEZA UNHA DETERMINADA SECCIÓN DENTRO DUN DISTRITO E DUNHA UNIDADE OU CENTRO DE TRABALLO.

PARA QUE SE RESPECTEN AS BAIXAS POR INCAPACIDADE TEMPORAL ASINADAS POLOS MÉDICOS DE MUFACE OU DO INSS E NON SE DENEGUEN ARBITRARIAMENTE AS LICENCIAS, OBRIGANDO ÓS TRABALLADORES/AS AFECTADOS/AS A POÑER EN RISCO A SÚA SAÚDE.

PARA QUE REMATE A PRESIÓN ÓS ENFERMOS E PARA QUE NON SE PENALICE A ENFERMIDADE DE NINGÚN XEITO.

Concentración 25/1/10, barrios flotantes e enfermos represaliados. 2






No mes de Novembro do pasado ano 2009; duas compañeiras carteiras, de reparto a pé, que se atopaban de baixa por enfermidade, recibiron sendas comunicacións nos seus domicilios, de que o Director da zona 1ª de Santiago de compostela, lles denegaba as licenzas correspondentes ás baixas dadas po-los seus médicos, e tiñan que incorporarse ó traballo. Unha de-las, tentóu presentarse no seu posto; e como as últimas veces que o fixera; tivo que ser atendida po-los servizos da ambulancia, antes siquiera de franquear a porta de entrada á zona de traballo. Actualmente sigue presentando as suas baixas regulamentariamente, e Correos, considéraa en ausencia inxustificada.

A outra, atópase no disfrute das suas vacacións de 2010, como último recurso a unha situación que non pode afrontar; e que o mesmo Comité Estatal de Saúde Laboral de Correos de Madrid, con competencias en prevención de riscos lle reconocéu no ano 2008, ó darlle unha puntuación para concursar a outro posto na Sociedade Estatal en base, expresamente, a que a compañeira, po-las súas patoloxías “no puede desempeñar el puesto que tiene adjudicado de forma definitiva, y es irrecuperable para la realización de las tareas de dicho puesto...”
Temos noticias que houbo nalgures un compañeiro enfermo que sí se reintegrara o traballo obligatoriamente: o cabo de dous dias en pleno reparto caéu por unhas escaleiras...

Concentración 25/1/10, barrios flotantes e enfermos represaliados. 3





Parece que queremos aforrar a toda costa, e que o Director da Zona 1ª de Santiago de Compostela, que non é médico decidéu producir un acto administrativo, que non médico, en base ó que si o traballo é saúde, que traballen os enfermos; VAIA!!, Ó MELLOR HAI SORTE E SAEN CURADA.

Tamén estivemosos ahí en protesta po-lo novo sistema organizativo da cartería, (as seccións flotantes) que se impón sin preguntar nin consensuar con ninguén, EN PRIMICIA PARA OS DISTRITOS 15004, 15003, E 15002 DA CORUÑA FRONTE A TODO O ESTADO; e que os carteiros, recibimos como un ataque ó noso dereito a unha estabilidade na zona de reparto e un deterioro das nosas condicións de traballo.

Concentración 25/1/10, barrios flotantes e enfermos represaliados. 4





Para a cidadanía tamén terá a sua repercusión, xá que a figura do carteiro da súa rua, o que mellor lle presta o servizo, por coñece-lo e levarlle cartas que nin siquiera teñen ben a sua dirección vai ser cada vez máis difícil de atopar.
A posible solución a moitos problemas tamén está na man do povo, digno usuario postal que está vendo dun xeito impasible como con toda impunidade se lle está furtando o seu dereito por un servizo de Correos público e de calidade pola mesma empresa que tén a obliga de face-lo.