martes, 27 de mayo de 2008

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DA PRIMEIRA CONCENTRACIÓN FRONTE Á CARTERIA DA SUCURSAL 4 DE A CORUÑA, TAMÉN ALCUMADA "ALCATRAZ" POR MÉRITOS PROPIOS


Agardamos polo ben de todos que se acaben cos abusos, coa represión, cos acosos… en xeral con todas aquelas actuacións dos xefes que conleven o menosprecio, a persecución, as amenazas… en definitiva agardamos que nos traten como personas e que ninguen viole os nosos dereitos como tales.

MALTRATO PSICOLÓXICO E DISCRIMINACIÓN NUNCA MÁIS !!!


O Respeto… hai que ganalo… non se impón !!!

MEDIDAS PARA COMBATIR A REPRESIÒN - ... e IV

4º.- Moito mellor que todo este proceso se faga a través dalgún dos sindicatos ou baixo a súa tutela, para que te poidan informar dos teus dereitos, para que non te sintas desamparado e teñas o máis tranquilo posible mentras dura o largo proceso.

MEDIDAS PARA COMBATIR A REPRESIÒN - III

3º .- A denuncia presentarase no rexistro correspondente, achegando unha copia, para unha vez selada quedar con ela como xustificante.

REPRESORES, ACOSADORES, ABUSADORES: FORA DE CORREOS!!!


MEDIDAS PARA COMBATIR A REPRESIÒN - II

2º .- Facer escrito de denuncia redactando o acontecido dirixido ó Superior do agresor ó Comité de Seguridade e Saúde Laboral, á Inspección de Traballo ou ós Tribunais de Xustiza, segundo sexa o caso, incluso pódese denunciar diante de todas estas institucións e organos.

A poder ser acompañade este escrito de denuncia coas sinaturas dos compañeiros que atestigüen os feitos denunciados.

Ainda que non sexa posible aportar testigos hai que facer igualmente a denuncia para que quede constancia.

CONTRA O ACOSO LABORAL !!!


MEDIDAS PARA COMBATIR A REPRESIÒN - I

Qué facer no caso que sufras calquera tipo de actuación contraria a dereito por parte do teu xefe ou superior

PERSECUCIÓN, DISCRIMINACIÓN, FALTA DE RESPETO, DESCONSIDERACIÓN, ABUSO DE AUTORIDAD, ACOSO LABORAL…


Pasos a seguir:

1º .- Inmediatamente pon o feito en coñecemento dos delegados de prevención, dos delegados de persoal ou de calquera dos representantes dos sindicatos, da Xunta de Persoal ou do Comité de Empresa.

NON MÁIS ACOSOS LABORAIS, POIS NON SOMOS ANIMAIS!!!


Non podemos consentir que ademais das penosas situacións laborais que padecemos por riba haxa xefes que nos estan minando a saúde coa súa forma de actuar.

PORQUÉ CONVOCAMOS ESTA CONCENTRACIÓN XUSTO EIQUÍ DIANTE??

Por qué a convocamos diante da U.R. 4 da Coruña?

Porque dentro dos centros de distribución da provincia este é de onde levamos máis queixas acumuladas e é o que ten máis baixas producto do trato que reciben os traballadores/as por parte do Xefe da Unidad segundo eles mesmos nos denuncian.

CONTRA OS PRIVILEXIOS!!!


Contra a prepotencia!!!




SOBRAN MOTIVOS!!



POR QUÉ ESTAMOSCELEBRANDO UNHA CONCENTRACIÓN POR ESTE MOTIVO?

Porque ultimamente estamos recibindo moitas queixas por parte dos traballadores neste sentido e como é algo moi serio decidimos tomar cartas no asunto como Xunta de Persoal e Comité de Empresa.

Por eso quixemos dar este primeiro toque de atención con esta concentración.


viernes, 23 de mayo de 2008

CONCENTRACIÓN CONTRA O ACOSO LABORAL



A Xunta de Persoal e máis o Comité de Empresa de Correos da provincia da Coruña convocamos unha concentración para o vindeiro luns día 26 de maio ás 09:00 horas na Unidade de Reparto 4 de Correos da Coruña, situada na Rúa Angela Blanco de Soto, xusto pola parte traseira da Oficina de Correos dos Castros que está enfrente do Centro de Saúde do Monte das Moas, rúa Jose María Hernansaez.

O motivo da concentración vai a ser a loita contra os abusos, a represión e o acoso laboral en Correos.

Dende os dous órganos colexiados que representan ós traballadores/as da provincia vimos detectando ultimamente un elevado, progresivo e alarmante aumento do número de baixas producidas polos abusos e excesos dos xefes, segundo nos denuncian os propios traballadores/as.
Unha conducta que se sustenta na pasividade dos responsables provinciais e da zona de Galiza que se lavan as mans cando estas denuncias chegan ós seus oidos.
A política marcada pola Xefatura e pola zona de Galicia que pretende manter a calidade do servicio aforrando en custos e aumentando o nivel de productividade dos traballadores é mal entendida por algúns xefeciños que van máis alá do que lles está permitido atosigando e incluso ameazando ós seus subordinados para conseguir os obxetivos que teñen marcados.
Estes métodos represivos non son reprendidos, mais ben todo o contrario, son aplaudidos e premiados cos parabens e palmadiñas dos responsables porque lles interesa mantelos.
O fin xustifica os medios.
Tamen para esta Xefatura de Correos da Coruña e para o Director Territorial da Zona de Galiza, a saúde dos traballadores/as é o que menos importa.
Por outro lado e paralelamente a esta situación antes descrita, foron nomeados para postos de xefaturas, algunhas personas que non estan capacitadas para desempeñar funcións de responsabilidade e moito menos para tratar con subordinados; como consecuencia desta irresponsabilidade agora atopámonos con traballadores/as que non poden aturar a conducta vexatoria, falta de respeto, ameazas, berros, cando non os abusos e incluso acoso laboral que padecen por parte dos seus superiores ineptos, chegando a afectarlles na súa saúde e tendo en moitos dos casos que acudir ós médicos, que lles deron unha baixa laboral.

Pola nosa parte como Xunta de Persoal e Comité de Empresa non vamos deixar que estas conductas se consoliden e se institucionalicen nin que os abusos, represións, acosos… queden impunes por moito que lles interese ós responsables provinciais e da zona de Galiza que se mateñan polo ben do “negocio”.

Nesta Unidade de Reparto 4 da Coruña, onde se vai celebrar a concentración este vindeiro luns día 26 ás 09:00 horas, é precisamente onde se da o índice máis alto de absentismo por este motivo de toda a provincia da Coruña, cerca do 10%.
E ademáis sabemos que hai varios traballadores/as que non se quixeron dar de baixa pero que tiveron que acudir ó psicólogo ou psiquiatra para recuperarse das alteracións que sufriron na súa saúde logo de estar traballando nesta unidade de reparto, segundo os propios afectados/as.

Con esta concentración queremos dende a Xunta de Persoal e dende o Comité de Empresa ademais de denunciar a situación para que se corrixa, chamar a atención dos propios traballadores/as para que non toleren a máis mínima falta de respeto e moito menos ameazas, abusos ou acosos por parte dos seus superiores.
Para elo tamén temos convocada unha asemblea nese centro de traballo previa á concentración e asimesmo ós responsables de Correos da provincia e da zona de Galiza para que non fagan oidos xordos e que teñan en conta que se chega a declararse un acoso laboral eles van a ser os culpables últimos pois teñen coñecemento desas situacións.


Na Coruña a 23 de maio de 2008.

sábado, 3 de mayo de 2008

LIBRADO DOS RURAIS EN SÁBADO

QUE NON QUEDEN SECCIÓNS SEN REPARTIR
QUE OS RURAIS POIDAN LIBRAR 2 SÁBADOS CADA 3


Dende a Xunta de Persoal demandámoslle a Correos que contratara os sabadeiros necesarios para cubrir todas as seccións tanto nas cidades como nos pobos para que non houbera discriminación algunha.
Da mesma maneira solicitamos dende a Xunta de Persoal que se fixeran os contratos oportunos para que o persoal rural puidera librar 2 sábados de cada 3 cubrindo as zonas con sabadeiros para que non tiveran que renunciar a ningún dos seus dereitos xa consolidados.

A resposta de Correos a través do Xefe de Relacións Laborais non se fixo agardar e foi contundente, textualmente dí o seguinte:


“Conforme a la legislación vigente, la organización del trabajo es facultad exclusiva de la empresa y corresponde a los titulares de las jefaturas de las distintas unidades, sin perjuicio de los derechos y facultades de negociación, audiencia, consulta o información reconocidos a los representantes de los trabajadores en el ET y en el Convenio Colectivo”
“En relación al librado de sábados a 2/3, informar que actualmente está pendiente de desarrollo”

CONCLUSIÓN:
Correos aplica únicamente a primeira parte da resposta, é decir, organiza ó traballo como lle peta deixando seccions sen repartir, e a segunda parte omítea por completo, no relativo a negociación, audiencia, consulta e información dos representantes dos traballadores.
No tema do librado de sábado dos rurais, denunciamos por un lado a tardanza da resolución desta proposta e por outro a discriminación que vai supoñer entre os propios rurais, pois dependendo da súa zona de reparto, da oficina de onde dependan ou do número de rurais que haxa en cada oficina van a poder acollerse ou non definitivamente a este sistema de librado.