sábado, 3 de mayo de 2008

LIBRADO DOS RURAIS EN SÁBADO

QUE NON QUEDEN SECCIÓNS SEN REPARTIR
QUE OS RURAIS POIDAN LIBRAR 2 SÁBADOS CADA 3


Dende a Xunta de Persoal demandámoslle a Correos que contratara os sabadeiros necesarios para cubrir todas as seccións tanto nas cidades como nos pobos para que non houbera discriminación algunha.
Da mesma maneira solicitamos dende a Xunta de Persoal que se fixeran os contratos oportunos para que o persoal rural puidera librar 2 sábados de cada 3 cubrindo as zonas con sabadeiros para que non tiveran que renunciar a ningún dos seus dereitos xa consolidados.

A resposta de Correos a través do Xefe de Relacións Laborais non se fixo agardar e foi contundente, textualmente dí o seguinte:


“Conforme a la legislación vigente, la organización del trabajo es facultad exclusiva de la empresa y corresponde a los titulares de las jefaturas de las distintas unidades, sin perjuicio de los derechos y facultades de negociación, audiencia, consulta o información reconocidos a los representantes de los trabajadores en el ET y en el Convenio Colectivo”
“En relación al librado de sábados a 2/3, informar que actualmente está pendiente de desarrollo”

CONCLUSIÓN:
Correos aplica únicamente a primeira parte da resposta, é decir, organiza ó traballo como lle peta deixando seccions sen repartir, e a segunda parte omítea por completo, no relativo a negociación, audiencia, consulta e información dos representantes dos traballadores.
No tema do librado de sábado dos rurais, denunciamos por un lado a tardanza da resolución desta proposta e por outro a discriminación que vai supoñer entre os propios rurais, pois dependendo da súa zona de reparto, da oficina de onde dependan ou do número de rurais que haxa en cada oficina van a poder acollerse ou non definitivamente a este sistema de librado.