sábado, 13 de junio de 2009

ROLDA DE PRENSA. 0 ( resumen )



Como preámbulo á manifestación do dia 14 de Xuño, o vernes 12 tivo lugar en Compostela unha roda de prensa dos seus organizadores: A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa.
A denuncia que Correos non cubre as ausencias temporais e vacaciós, vai provocar unha maior carga de traballo no resto dos traballadores postais.
Namentras que no 2008 contratáronse no vrán só para a provincia coruñesa a 1.764 efectivos, a previsión de Correos para este vrán é de 1.344 persoas... pero para toda Galiza!!!, comentó o portavoz da CIG, Anxo Álvarez, .
"Esto confirma a intención do Goberno de desmantelar el servicio na Galiza", dixo , incumplindo asemade a Lei do Servicio Postal Universal, que obliga a prestar servicio todolos días laborables e o menos, cinco días a semán.

Sería necesario cubrir, en vacacións, dos tercios da plantilla, que cifraron en entre 4.500 y 4.700 traballadores en Galicia, lo que representaría la contratación de en torno a 3.000 persoas entre xullo e outubro.
Pola sua parte, Jesús Rivas, de CC.OO., criticó la actitud de Correos porque "unha empresa pública no pode dirixir o seu obxetivo só a unha reducción bestial de costes" e censuróu as suas "políticas neoliberales", que "aproveitan a crisis" para non cobrir plazas.
"Unha empresa pública tén que xenerar emplego, sobre todo en crisis", sostivo e rexeitóu que se busque unha disminución dos costes "reducindo a calidade do servicio e flexibilizando as relacións laborais".
Además, criticóu que os directivos da provincia de A Coruña "non dialogan, impoñen" y señalóu que os sindicatos esixirán "inversión pública, diálogo e un cambio de actitude".

O representante da Confederación General del Trabajo (CGT), Manuel Camba, consideróu que unha empresa "cen por cen pública tén doble responsabilidade social", con os seus empregados e con o servizo que presta. "Incumple-se esta responsabilidade por falta de contratación", denuncióu y reprochóu que haia servizos "externalizados" e se creen empresas "que vacían de carga de traballo y de carteira de clientes" a Correos.
Para Camba, os directivos están tratando de "maquillar" a situación para facer á empresa "atractiva a futuros inversores o compradores".

viernes, 12 de junio de 2009

ROLDA DE PRENSA. 1 ( presentación )


O vernes dia 12 de Xuño, ás 11 horas da mañán no cuarto da prensa da sede de CCOO de Santiago tivo lugar unha rolda de prensa dos Comités Coruñeses de Correos (Xunta de Persoal e Comité de Empresa), onde ante os medios de comunicación, expoñeron o actual momento de Correos, a política da empresa con a obvia resposta que lle están dando os seus traballadores, que tendrán uns dos seus puntos culminantes con a celebración dunha manifestación este domingo 14 de Xuño en Santiago de Compostela.
Diste xeito, Manuel Anxo Rodriguez amado , representando a CIG; Manuel Camba Gayoso, representando a CGT; Jesus Rivas Rey e Vanesa Rocha Croques representando a CCOO expuxeron punto por punto as actuais condicións excepcionais en que se desenrola o traballo postal e a actual actitude da sua empresa que; o mesmo tempo que desenrola unha política económica agresiva (co desmantelamento progresivo de Correos incluído) , nega os seus traballadores dereitos esenciais, enturbiando as relacións laborais e negando ós representantes dos traballadores toda documentación básica que por lei tiñan que ter entregado.
Recordando que Correos o derradeiro ano 2008 tivera unhas gañancias de 107 millóns de Euros antes de impostos, pouca desta cantidade reverte nos seus propios traballadores, senón que é incluída na actual campaña de maquillación de Correos para amosala rentable e atractiva ós supostos compradores do sector, que xá a están a rondar.

ROLDA DE PRENSA. 2 ( a vertente social)


Correos é unha empresa pública 100%, e polo tanto tén unha doble responsabilidade social:
Ante a sociedade; por tér o deber de servir cinco dias á semán inexcusablemente o reparto a domicilio.
Ante os seus empregados: ofrecéndolles unhas condicións de traballo dignas.
Esta responsabilidade se incumple ante a falta de contratación, de previsión, de reducción de efectivos e do empeoramento da calidade dos servizos.
Todo elo pésie a que as ganancias de Correos no 2008 ascenderon ós 107 millóns de Euros antes de impostos.
Correos pois, sigue pautas en canto o emprego, pouco corresponsables coa sociedade, porque a parte de baixar o volumen da contratación, hai servizos que xa foron externalizados, crendo empresas (Cronopost, etc.) a través das cales vacían non só de cargas de traballo de Correos, senón tamén da carteira de clientes da nosa empresa postal.
Todo este cúmulo de circunstancias provocan unhas cargas totalmente inasumibeis de traballo para os traballadores postais inversamente proporcionais ós investimentos en equipa i en contratación, que ó longo do tempo dan lugar a creación da creacións de ambentes tensos nos centros de traballo que provocan accidentes laborais, enfermedades profesionais nunca recoñecidas pola empresa, e unha desatención total por parte da mesma no noso traballo na rúa.
Un dato : O Estado Español tén o ratio de habitantes x carteiro máis baixo de Europa.
Mais ante a crise, os seus dirixentes ( que non se andan con miramentos á hora de despilfarrar fondos ) andan totalmente ocupados en seguir a maquillaxe da empresa para segui-la facendo atractiva -pésie a crise- á futuros inversores/compradores.

ROLDA DE PRENSA. 3 (a estratexia de Correos ante a crise)


No seu día, xa nos dirixiramos a opinión pública para trasladarlle a nosa preocupación, logo de que se aprobara un Real Decreto onde se reducían os dereitos dos cidadáns con residencia en contornos especiais, obrigando ós alí residentes a poñer caixas de correo centralizadas e comunitarias, feito que afectaba negativamente e de maneira especial ó rural galego. Aínda que non conseguimos abolir ese Real Decreto de momento e gracias ás mobilizacións levadas a cabo a aplicación desa norma está practicamente paralizada.

Agora queremos denunciar e o mesmo tempo comunicarlles a nosa inquietude pola política que esta aplicando Correos utilizando como xustificante a actual situación de profunda crise para tratar de mellorar os resultados económicos reducindo gastos a costa de sobrecargar ós traballadores por non facer contratos de substitucións para cubrir as ausencias, xerando con elo unha grave perda na calidade da prestación dos servicios postais o que repercute negativa e directamente en todos vostedes como cidadáns, clientes – usuarios de Correos, con dereito a recibir 5 días laborais á semana a correspondencia nos seus domicilios e baixo uns parámetros de calidade establecidos.

Dende a Xunta de Persoal e do Comité de Empresa para tratar de frear esta política de Correos, estamos levando adiante unha campaña de mobilizacións que iniciamos coas concentracións do persoal de Correos diante das oficinas das cabeceiras comarcais da provincia en Santiago, A Coruña e Ferrol, cunha participación masiva por parte dos traballadores. E agora para rematar esta primeira fase temos convocada unha manifestación polas rúas de Santiago para o vindeiro domingo 14 de xuño con saída ás 12:00 horas dende a Alameda.

ROLDA DE PRENSA. 4 (os recargos)


Tódolos sindicatos, debido a importancia do problema, apartamos as nosas diferenzas para explicar a situación, a responsabilidade colectiva, as distintas posibilidades, tanto as que dende a parte sindical vos podamos propoñer como as que como colectivo queiramos decidir.
A aplicación do recargo, coñeciámolo agora como a non substitución no verán do persoal que se vai de vacacións, pero agora Correos pretende aplicalo durante todo o ano e amplialo no verán. O sistema imposto por Correos en Galicia, establece a non substitución de 2 días de AAPP, baixas, etc durante todo o ano mediante 2 sistemas:
1º.- En cada distrito ou cartería, entre o persoal de reparto urbano, establecerase un barrio flotante, o cal en canto se produza unha baixa ou alguén colla AAPP, o repartidor desa sección pasara ao barrio con ausencia e sen contratación a repartilo, e o resto de carteiros colleran unha parte do barrio flotante previamente aprendida para repartila con preferencia á da súa sección.
2º.- En cada distrito ou cartería, entre o persoal de reparto urbano, cada vez que se produza unha ausencia, o resto de compañeiros e entre tod@s asumiran esa sección e repartirana antes de facer a de cada un.
A aplicación da non substitución durante dous días (ao principio) durante todo o ano, implica tamén o recargo durante todo o verán.

Finalmente atendéronse os turnos de preguntas dos informadores, vivamente interesados polo actual desenlace negativo na organización interna de Correos.

Finaliza esta rolda de prensa as 12 da mañán.

sábado, 6 de junio de 2009

14 DE XUÑO: DEFENDAMOS A NOSA DIGNIDADE!!

NON DEIXEMOS DESMANTELAR A NOSA EMPRESA!!

NIN DEIXEMOS QUE OS QUE ACTUALMENTE GOBERNAN CORREOS FAGAN Ó SEU AGOSTO Á NOSA CONTA COA ESTRATEXIA DOS RECARGOS SALVAXES E OUTRAS CAPRICHOSAS IDEIAS !!

O DOMINGO 14 DE XUÑO NA ALAMEDA COMPOSTELÁN TEMOS TODOS UNHA CITA.
UNHA OBLIGA CARA DEFENDER A NOSA DIGNIDADE.

- POLA DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO!!!
- CONTRA O RECARGO!!!
- POR UN CORREO PÚBLICO E DE CALIDADE!!!

COMPROMÉTETE CONNOSCO!!
ACUDE E PARTICIPA!!

PORQUE............. CORREOS É DE TODOS!!!