viernes, 12 de junio de 2009
ROLDA DE PRENSA. 4 (os recargos)
Tódolos sindicatos, debido a importancia do problema, apartamos as nosas diferenzas para explicar a situación, a responsabilidade colectiva, as distintas posibilidades, tanto as que dende a parte sindical vos podamos propoñer como as que como colectivo queiramos decidir.
A aplicación do recargo, coñeciámolo agora como a non substitución no verán do persoal que se vai de vacacións, pero agora Correos pretende aplicalo durante todo o ano e amplialo no verán. O sistema imposto por Correos en Galicia, establece a non substitución de 2 días de AAPP, baixas, etc durante todo o ano mediante 2 sistemas:
1º.- En cada distrito ou cartería, entre o persoal de reparto urbano, establecerase un barrio flotante, o cal en canto se produza unha baixa ou alguén colla AAPP, o repartidor desa sección pasara ao barrio con ausencia e sen contratación a repartilo, e o resto de carteiros colleran unha parte do barrio flotante previamente aprendida para repartila con preferencia á da súa sección.
2º.- En cada distrito ou cartería, entre o persoal de reparto urbano, cada vez que se produza unha ausencia, o resto de compañeiros e entre tod@s asumiran esa sección e repartirana antes de facer a de cada un.
A aplicación da non substitución durante dous días (ao principio) durante todo o ano, implica tamén o recargo durante todo o verán.
Finalmente atendéronse os turnos de preguntas dos informadores, vivamente interesados polo actual desenlace negativo na organización interna de Correos.
Finaliza esta rolda de prensa as 12 da mañán.