O vernes dia 12 de Xuño, ás 11 horas da mañán no cuarto da prensa da sede de CCOO de Santiago tivo lugar unha rolda de prensa dos Comités Coruñeses de Correos (Xunta de Persoal e Comité de Empresa), onde ante os medios de comunicación, expoñeron o actual momento de Correos, a política da empresa con a obvia resposta que lle están dando os seus traballadores, que tendrán uns dos seus puntos culminantes con a celebración dunha manifestación este domingo 14 de Xuño en Santiago de Compostela.
Diste xeito, Manuel Anxo Rodriguez amado , representando a CIG; Manuel Camba Gayoso, representando a CGT; Jesus Rivas Rey e Vanesa Rocha Croques representando a CCOO expuxeron punto por punto as actuais condicións excepcionais en que se desenrola o traballo postal e a actual actitude da sua empresa que; o mesmo tempo que desenrola unha política económica agresiva (co desmantelamento progresivo de Correos incluído) , nega os seus traballadores dereitos esenciais, enturbiando as relacións laborais e negando ós representantes dos traballadores toda documentación básica que por lei tiñan que ter entregado.
Recordando que Correos o derradeiro ano 2008 tivera unhas gañancias de 107 millóns de Euros antes de impostos, pouca desta cantidade reverte nos seus propios traballadores, senón que é incluída na actual campaña de maquillación de Correos para amosala rentable e atractiva ós supostos compradores do sector, que xá a están a rondar.