viernes, 12 de junio de 2009

ROLDA DE PRENSA. 2 ( a vertente social)


Correos é unha empresa pública 100%, e polo tanto tén unha doble responsabilidade social:
Ante a sociedade; por tér o deber de servir cinco dias á semán inexcusablemente o reparto a domicilio.
Ante os seus empregados: ofrecéndolles unhas condicións de traballo dignas.
Esta responsabilidade se incumple ante a falta de contratación, de previsión, de reducción de efectivos e do empeoramento da calidade dos servizos.
Todo elo pésie a que as ganancias de Correos no 2008 ascenderon ós 107 millóns de Euros antes de impostos.
Correos pois, sigue pautas en canto o emprego, pouco corresponsables coa sociedade, porque a parte de baixar o volumen da contratación, hai servizos que xa foron externalizados, crendo empresas (Cronopost, etc.) a través das cales vacían non só de cargas de traballo de Correos, senón tamén da carteira de clientes da nosa empresa postal.
Todo este cúmulo de circunstancias provocan unhas cargas totalmente inasumibeis de traballo para os traballadores postais inversamente proporcionais ós investimentos en equipa i en contratación, que ó longo do tempo dan lugar a creación da creacións de ambentes tensos nos centros de traballo que provocan accidentes laborais, enfermedades profesionais nunca recoñecidas pola empresa, e unha desatención total por parte da mesma no noso traballo na rúa.
Un dato : O Estado Español tén o ratio de habitantes x carteiro máis baixo de Europa.
Mais ante a crise, os seus dirixentes ( que non se andan con miramentos á hora de despilfarrar fondos ) andan totalmente ocupados en seguir a maquillaxe da empresa para segui-la facendo atractiva -pésie a crise- á futuros inversores/compradores.