A Xunta de Persoal e máis o Comité de Empresa de Correos da provincia da Coruña convocamos unha concentración para o vindeiro luns día 26 de maio ás 09:00 horas na Unidade de Reparto 4 de Correos da Coruña, situada na Rúa Angela Blanco de Soto, xusto pola parte traseira da Oficina de Correos dos Castros que está enfrente do Centro de Saúde do Monte das Moas, rúa Jose María Hernansaez.
O motivo da concentración vai a ser a loita contra os abusos, a represión e o acoso laboral en Correos.
Dende os dous órganos colexiados que representan ós traballadores/as da provincia vimos detectando ultimamente un elevado, progresivo e alarmante aumento do número de baixas producidas polos abusos e excesos dos xefes, segundo nos denuncian os propios traballadores/as.
Unha conducta que se sustenta na pasividade dos responsables provinciais e da zona de Galiza que se lavan as mans cando estas denuncias chegan ós seus oidos.
A política marcada pola Xefatura e pola zona de Galicia que pretende manter a calidade do servicio aforrando en custos e aumentando o nivel de productividade dos traballadores é mal entendida por algúns xefeciños que van máis alá do que lles está permitido atosigando e incluso ameazando ós seus subordinados para conseguir os obxetivos que teñen marcados.
Estes métodos represivos non son reprendidos, mais ben todo o contrario, son aplaudidos e premiados cos parabens e palmadiñas dos responsables porque lles interesa mantelos.
O fin xustifica os medios.
Tamen para esta Xefatura de Correos da Coruña e para o Director Territorial da Zona de Galiza, a saúde dos traballadores/as é o que menos importa.
Por outro lado e paralelamente a esta situación antes descrita, foron nomeados para postos de xefaturas, algunhas personas que non estan capacitadas para desempeñar funcións de responsabilidade e moito menos para tratar con subordinados; como consecuencia desta irresponsabilidade agora atopámonos con traballadores/as que non poden aturar a conducta vexatoria, falta de respeto, ameazas, berros, cando non os abusos e incluso acoso laboral que padecen por parte dos seus superiores ineptos, chegando a afectarlles na súa saúde e tendo en moitos dos casos que acudir ós médicos, que lles deron unha baixa laboral.
Pola nosa parte como Xunta de Persoal e Comité de Empresa non vamos deixar que estas conductas se consoliden e se institucionalicen nin que os abusos, represións, acosos… queden impunes por moito que lles interese ós responsables provinciais e da zona de Galiza que se mateñan polo ben do “negocio”.
Nesta Unidade de Reparto 4 da Coruña, onde se vai celebrar a concentración este vindeiro luns día 26 ás 09:00 horas, é precisamente onde se da o índice máis alto de absentismo por este motivo de toda a provincia da Coruña, cerca do 10%.

E ademáis sabemos que hai varios traballadores/as que non se quixeron dar de baixa pero que tiveron que acudir ó psicólogo ou psiquiatra para recuperarse das alteracións que sufriron na súa saúde logo de estar traballando nesta unidade de reparto, segundo os propios afectados/as.
Con esta concentración queremos dende a Xunta de Persoal e dende o Comité de Empresa ademais de denunciar a situación para que se corrixa, chamar a atención dos propios traballadores/as para que non toleren a máis mínima falta de respeto e moito menos ameazas, abusos ou acosos por parte dos seus superiores.

Para elo tamén temos convocada unha asemblea nese centro de traballo previa á concentración e asimesmo ós responsables de Correos da provincia e da zona de Galiza para que non fagan oidos xordos e que teñan en conta que se chega a declararse un acoso laboral eles van a ser os culpables últimos pois teñen coñecemento desas situacións.
Na Coruña a 23 de maio de 2008.
Na Coruña a 23 de maio de 2008.