lunes, 30 de marzo de 2009

“UNIFORMES DE CORREOS: ¿TAN SÓ UNHA CHAPUZA?” - 2


ONDE VAN AS PRENDAS QUE SE DEVOLVEN PARA CAMBIALAS?

Todos os traballadores que tiveron que facer algún cambio porque as prendas ou calzado do seu uniforme non era da súa talla ou tiña algún problema de acabado, tiveron que ser eles mesmos quenes se puxeron en contacto coa empresa suministradora ITURRI, para solucionar o problema, na vez de arranxalo o propio Correos, que entendemos que é quen debería resolver estas cuestións.

O problema non facía máis que empezar, porque logo de perder moito tempo para poder contactar con ITURRI, os uniformes e prendas preparados e empaquetados para os cambios, que tiñan que ser recollidos por unha empresa de mensaxería, votaron ata seis meses nos centros de traballo agardando a que viñeran por eles.