Ó SR. XEFE PROVINCIAL DE CORREOS E TELÉGRAFOS
(A CORUÑA)
Miguel Ramudo Pérez, como Presidente e Andrea Abeledo Morado, como Segredaria da Xunta de Persoal de Correos e Telégrafos de A Coruña, queren poñer no seu coñecemento as seguintes reinvindicacións d@s traballador@s do CTA de Lavacolla.
ORGANIZACIÓN DO TRABALLO
1. Definición clara dos postos de traballo e das funcións a desenrolar nos mesmos.
2. Aumentar o número de carretillas e transpalets, para desenvolver as operacions de carga, descarga e transporte da carrespondencia sen atrancos.
3. Reforzar a plantilla en sábados e domingos.
4. Construcción dun parking cuberto para protexer os vehículos das temperaturas extremas que se producen en Lavacolla. O mesmo tempo aumentar o número de prazas para dar cabida a todos os coches dos traballadores/as.
5. Sinalizar correctamente e facer respectar as normas de circulación e os sentidos da mesma que establecen as señais de tráfico situadas na zona exterior do CTA.
6. Librar os taboleiros sindicais que fican continuamente tapados por xaulas e carros impedindo a súa visibilidade.
7. Elaboración do Calendario laboral anual pactado con todos os sindicatos con representación na provincia no derradeiro trimestre do ano anterior.
8. Non restricción dos dias de asuntos propios por necesidades do servizo e abrir a posiblidade de disfruta-los todos ou parte deles xunto ás vacacións anuais.
9. Reducción do traballo nocturno non estrictamente necesario.
10. Flexibilidade da hora de entrade e saída, sempre dentro duns límites admisibles.
11. Librado de luns para o persoal que por turno lle toque facer garda o domingo.
12. Cómputo do tempo de desprazamento ó CTA como xornada efectiva de traballo, tomando como referencia Santiago (30 minutos).
XORNADA E HORARIOS
1. Dous pequenos descansos, de 10 minutos, ó longo da xornada laboral a maiores do xa recoñecido pola normativa.
SAUDE LABORAL
1. Que se revise e mellore o sistema de calefacción, pois está averiado moitas veces o que leva consigo que os traballadores estean traballando a temperaturas hostiles. Tamén se ten detectado que a dito sistema de calefacción se lle estropea con facilidade o sistema de regulación polo que hai zonas do CTA que sufren temperaturas moi variadas.
2. Que se adecúe a roupa a cada traballo, pois a roupa de traballo non é a axeitada para as tarefas que se realizan no CTA de Lavacolla. Que se lle entregue a todos os traballadores/as. Facer un estudo para ver que prendas e para que postos deben de ser consideradas como EPIs.
3. Que as sillas e os casilleiros da zona de clasificacion manual se adapten para poder realizar dito traballo sentado.
4. Que se instalen medidores de electricidade estatica en todo o CTA para que alerten en canto as medicións cheguen a ser perigosas, pois os traballadores/as seguen a sufrir continuamente descargas de electricidade estática. Buscar a raiz do problema e solucionalo.
5. Controlar que os pesos a manipular polos traballadores/as directamente non sobrepasen o máximo permitido na lexislación e nos postos onde son frecuentes os movementos repetitivos con peso, que se fagan evaluacións de riscos personalizadas.
6. Crear un equipo completo de persoal de servizos médicos composto por médico, ats e fisioterapeuta co persoal suficiente para atender os turnos de mañá, tarde e noite.
7. Evaluacion inicial de riscos e por postos de traballo.
8. Aumentar o número de taquillas nos vestuarios para garantir que todos os traballadores/as teñan a sua individual.
9. Establecer un máis eficaz servizo de mantemento e arranxo dos carros e xaulas, xa que non se revisan dabondo e dificultan o deslizamento dos mesmos con graves riscos para a saude dos traballadores/as.
10. Arranxar as goteiras, pois nos dias de chuvia e vento prodúcense no CTA, co risco de esvaramentos ou electrocución.
11. Repintado ou, no seu caso, pegado da sinalización horizontal, que está en mal estado, toda borrosa ou desaparecida. (Exemplo: A zona de paso dos palieres está borrosa)
12. Modificar a cor das pantallas das PVD´s da sala de videoindexación, que están cunha cor de pantalla defectuosa.
13. Acondicionar un baño para persoas con discapacidade.
14. Cambiar as papeleiras metálicas que supoñen un alto risco no caso de tropezar con elas os traballadores/as por outras de material menos pesado e sen aristas.
15. Facer exámenes médicos anuais e realizar cursos de formación para a saúde, dirixidos específicamente a mellorar a protección ós traballadores/as do turno de noite.
16. Maternidade. No caso de embarazo, adecuación do posto de traballo si a muller non renuncia ó turno.
CONTRATACIÓN
1. Aumento do nivel de empleo no CTA de Lavacolla, aumentando a plantilla en alomenos 15 traballadores mais.
2. Que se cubran todas as ausencias e principalmente as baixas médicas dende o primeiro día.
3. Posiblidade do traballador de renunciar ó turno de noite.
RETRIBUCIÓNS
1. Que todo o persoal do CTA de Lavacolla cobre a gratificación por campaña electoral.
2. Que o Plus económico por traballo en sábado ou festivo sexa compatible co de horas nocturnas.
TRANSPORTE
1. Medio de transporte gratuito dende Santiago, con paradas en distintos puntos da cidade, asegurado para todo o persoal e para todos os turnos de traballo, incluído o segundo turno da noite (00:00 a 07:00), garantizando ademáis o servizo incluso cando se producen horarios especiais.
Para negociar sobor de todas estas demandas, chamamos a esa Xefatura Provincial a ter unha xuntanza na segunda quincena de Febreiro en dia e hora a convir por esa Xefatura.
Agardando a súa convocatoria,