miércoles, 3 de febrero de 2010

ESIXIMOS Á EVI RESPETO E XUSTIZA CARA ÓS NOSOS COMPAÑEIROS ENFERMOS!!!!


A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de Correos, acordan facer unha concentración de protesta de delegados de Correos da provincia ante o edificio provincial do INSS sede da EVI desta cidade, situado na rúa Emilia Pardo Bazán nº 15, o venres 5 de febreiro de 2010, ás 11:00 da mañá, polo xeito en que este organismo evacúa os informes evaluadores de incapacidade dos traballadores/as.


Queixámonos de que os dictames evaluadores, fanse principalmente, seguindo pautas e instruccións que teñen moito máis que ver có interese por recorta-los custos públicos; que coas máximas esixibles nun Estado de Dereito.
Os traballadores e traballadoras de Correos, neste caso, teñen dereito a poder “vivir” con dignidade, e ausentes de riscos engadidos ás patoloxías que os aqueixan, sen verse obrigados a desenrolar traballos e actividades lesivos para súa menoscabada saúde.

Aínda recoñecendo as doenzas, os informes do EVI, non determinan explícitamente as incompatibilidades das mesmas, coas actividades laborais dos traballadores, deixándoos abandonados e á súa sorte fronte ás esixencias empresariais, con frases feitas e pretendidamente concluíntes, pero en realidade ambiguas e cobardes coas que só buscan salvar a súa responsabilidade, como “no está afectado por lesión o proceso patológico irreversible o de incierta irreversibilidad, que le imposibilite TOTALMENTE para el desempeño de las funciones propias de su cuerpo, escala, plaza o carrera”.


martes, 26 de enero de 2010

Concentración 25/1/10, barrios flotantes e enfermos represaliados. 1




SI O TRABALLO É SAÚDE, QUE TRABALLEN OS ENFERMOS.


Os delegados/as da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa de Correos da Coruña concentrámonos o día 25 de xaneiro de 2010, ás 9:30 horas da mañán diante do edifício da Xefatura Provincial de Correos da Coruña, en son de protesta po-los ataques contra o dereito á saúde, e á dignidade no desenrolo dos nosos postos de traballo.
PARA QUE A CADA TRABALLADOR DE REPARTO SE LLE ASIGNE CON CARÁCTER DE FIXEZA UNHA DETERMINADA SECCIÓN DENTRO DUN DISTRITO E DUNHA UNIDADE OU CENTRO DE TRABALLO.

PARA QUE SE RESPECTEN AS BAIXAS POR INCAPACIDADE TEMPORAL ASINADAS POLOS MÉDICOS DE MUFACE OU DO INSS E NON SE DENEGUEN ARBITRARIAMENTE AS LICENCIAS, OBRIGANDO ÓS TRABALLADORES/AS AFECTADOS/AS A POÑER EN RISCO A SÚA SAÚDE.

PARA QUE REMATE A PRESIÓN ÓS ENFERMOS E PARA QUE NON SE PENALICE A ENFERMIDADE DE NINGÚN XEITO.

Concentración 25/1/10, barrios flotantes e enfermos represaliados. 2






No mes de Novembro do pasado ano 2009; duas compañeiras carteiras, de reparto a pé, que se atopaban de baixa por enfermidade, recibiron sendas comunicacións nos seus domicilios, de que o Director da zona 1ª de Santiago de compostela, lles denegaba as licenzas correspondentes ás baixas dadas po-los seus médicos, e tiñan que incorporarse ó traballo. Unha de-las, tentóu presentarse no seu posto; e como as últimas veces que o fixera; tivo que ser atendida po-los servizos da ambulancia, antes siquiera de franquear a porta de entrada á zona de traballo. Actualmente sigue presentando as suas baixas regulamentariamente, e Correos, considéraa en ausencia inxustificada.

A outra, atópase no disfrute das suas vacacións de 2010, como último recurso a unha situación que non pode afrontar; e que o mesmo Comité Estatal de Saúde Laboral de Correos de Madrid, con competencias en prevención de riscos lle reconocéu no ano 2008, ó darlle unha puntuación para concursar a outro posto na Sociedade Estatal en base, expresamente, a que a compañeira, po-las súas patoloxías “no puede desempeñar el puesto que tiene adjudicado de forma definitiva, y es irrecuperable para la realización de las tareas de dicho puesto...”
Temos noticias que houbo nalgures un compañeiro enfermo que sí se reintegrara o traballo obligatoriamente: o cabo de dous dias en pleno reparto caéu por unhas escaleiras...

Concentración 25/1/10, barrios flotantes e enfermos represaliados. 3





Parece que queremos aforrar a toda costa, e que o Director da Zona 1ª de Santiago de Compostela, que non é médico decidéu producir un acto administrativo, que non médico, en base ó que si o traballo é saúde, que traballen os enfermos; VAIA!!, Ó MELLOR HAI SORTE E SAEN CURADA.

Tamén estivemosos ahí en protesta po-lo novo sistema organizativo da cartería, (as seccións flotantes) que se impón sin preguntar nin consensuar con ninguén, EN PRIMICIA PARA OS DISTRITOS 15004, 15003, E 15002 DA CORUÑA FRONTE A TODO O ESTADO; e que os carteiros, recibimos como un ataque ó noso dereito a unha estabilidade na zona de reparto e un deterioro das nosas condicións de traballo.

Concentración 25/1/10, barrios flotantes e enfermos represaliados. 4





Para a cidadanía tamén terá a sua repercusión, xá que a figura do carteiro da súa rua, o que mellor lle presta o servizo, por coñece-lo e levarlle cartas que nin siquiera teñen ben a sua dirección vai ser cada vez máis difícil de atopar.
A posible solución a moitos problemas tamén está na man do povo, digno usuario postal que está vendo dun xeito impasible como con toda impunidade se lle está furtando o seu dereito por un servizo de Correos público e de calidade pola mesma empresa que tén a obliga de face-lo.

jueves, 30 de julio de 2009

HONRAS FÚNEBRES POLO SERVIZO PÚBLICO .- (presentación)


PRESENTÁMOSVOS CON SUAS FOTOS E OS SEUS TEXTOS, A EXITOSA MOVIDA DA RECIENTEMENTE CREADA "COORDINADORA GALEGA DE DELEGADOS DE CORREOS CONTRA O RECARGO".
Como sabredes, esta acción consistéu nun enterro simbólico do noso benquerido Servizo Público. Hay moitos protagonistas, e mesmo quen traballóu moito para que se fixeran realidades todo o que estaba planeado. A eses o noso recoñecemento e orgullo por traballar xuntos nesta esperanza agardada que é a recién creada COORDINADORA GALEGA, onde estamos todos os sindicatos das catro provincias ... bueno, todos non. Faltan a UGT das catro provincias, Falta CCOO de Lugo, Ourense e Pontevedra, e algúns máis; pero a cousa vai para adiante, pois a COORDINADORA tén moi boa saúde e dignidade e o que é o millor; TÉN O MILLOR DE GALIZA NAS SUAS FILAS.
O ENTERRO FOI A SEGUNDA ACCIÓN DA COORDINADORA, E NAS SUAS FOTOS OLLAREDES QUE NON SE VAI A ANDAR CON CHIQUITAS DE HOXE EN DIANTE.
VEÑA XA ESA EXPOSICIÓN!! QUE DISFRUTEDES DAS FOTOS E DA SUA HISTORIA!!!

HONRAS FÚNEBRES POLO SERVIZO PÚBLICO .- 1



Agargábamos impacientes a chegada do cadaleito nun deses trailer que tén Correos para as ocasión…mais Correos, dando mostras de aforrar miseramente hasta niso, mandara un furgoneto normaliño... que deixóu o cadaleito nas máns santas e miserecordiosas das hermanitas e dos Cardenales, desplazados dos seus santuarios para tal ocasión.

HONRAS FÚNEBRES POLO SERVIZO PÚBLICO .- 2


Habia moita preocupación na cara do Cardenal, porque tendo xa novas do seu servizo segredo do Vaticano Post de que lle informara que para esa hora, tiñan detectado a un comando ben pertrechado "a la limón" de Recursos Humanos da Coruña e Santiago que iban vir a tentar secuestrar o cadaleito para encerralo definitivamente nos sotos da Torre de Hércules (previo acordo do Xefe Provincial con a sombra de Vazquez), a mesma Andrea estáballe dando datos de donde estaban escondidos para realizar o secuestro, xunto con a hora de realización do mesmo.

HONRAS FÚNEBRES POLO SERVIZO PÚBLICO .- 3


Polo que en toda a historia da morte, nunca houbo un cadaleito tan ben gardado ; nin máis nin menos polo Cardenal, vido expresamente das terras ferroláns e a Madre Superiora da ” Eterna Congregación de Santa Sofia contra el Recargo Puro y Llano”... (con perdón)

HONRAS FÚNEBRES POLO SERVIZO PÚBLICO .- 4

Polo que se lle fixo un velatorio dentro do muelle en primeira instancia, co Patiño empezando a prender mechas e activando as velas (que contiñan un potente radar, por outra parte totalmente inofensivo no seu manexo, sempre e cando non se acabara a mecha da vela)

HONRAS FÚNEBRES POLO SERVIZO PÚBLICO .- 5




Como medida de precaución aparcóuse unha moto detrás do cadaleito, por si habia que salir disparados con él (ben metido na caixa da moto). Recordemos que as caixas das motos son elásticas , e caben todo o que lles metas.
Non, desde logo o comando tiña as de perder, tan celosamente gardado como estaba o cadaleito coa representación sagrada das monjitas da Sagrada Congregación ( habia tres oficiales e outras disfrazadas de albañiles e de limpafachadas (con perdón) polos alrededores)

HONRAS FÚNEBRES POLO SERVIZO PÚBLICO .- 6


HONRAS FÚNEBRES POLO SERVIZO PÚBLICO .- 7


Pasado o perigo, sacamos o cadaleito e fixémoslle un catafalco nunha repisa o carón do muelle … eso sí!! Rodeado de miniantenas parabólicas de matiz atómico en forma disimulada de velorios, e uns ramallos esotéricos para espantar acosadores e xefes.
E iso sin falar que as flores blancas tiñan unha cámara de TV en circuito pechado, con a Terminal disposta disimuladamente no carrito de reparto.

HONRAS FÚNEBRES POLO SERVIZO PÚBLICO .- 8



Caras serias antes de ir a repartir.

Veleiquí o velatorio oficial; faltóu quen ofrecera uns viños e uns pinchos, pero todo se andará!!
Pois haberá un dia en que a carteria en pleno salga do seu mutismo e espabile, y de deixe de facerse de rogar ... e sobretodo... que deixe de pensar que non vai con él esta historia.

HONRAS FÚNEBRES POLO SERVIZO PÚBLICO .- 9


Velahí están a Sagrada Congregación coa Madre Superiora o frente!!! Ben gardadas as espaldas i entonando cánticos Sacta Santorum:
Santa Sofia
Gratia Plena
Dominus Pecus
Benedicta tu et Murieribus
Et Benedictus
Fructus ventri
Tu y eius
Santa Maria
Mater Deus
Prega por nos
Pecatorum
que si non
si que témola clara!!
... por los siglos de los siglos
AMENNNN!!!

HONRAS FÚNEBRES POLO SERVIZO PÚBLICO .- 10




Por si acaso, o Cardenal repetíu a bendición co hisopo varias veces , vertendo esa auga milagreira que con tanta devoción collera nos bebedeiros insalubres pero máxicos das carterías.

HONRAS FÚNEBRES POLO SERVIZO PÚBLICO .- 11




Os sons do bombo retonaron, retronaron e retomaron os feitos das anteriores semáns.
A saida do muelle foi tomada pola Coordinadora Galega dos Delegados de Correos contra o Recargo no seu segundo acto reinvindicativo...

Namentras Andrea, a Segredaria da Coordinadora Galega estaba denunciando os Medios de Comunicación o intento de secuestro, polo comando que hábilmente estaba merodeando polos alrededores do muelle., hábilmente camuflados...

HONRAS FÚNEBRES POLO SERVIZO PÚBLICO .- 12




Namentras, dalle que dalle, estábase sobrecargando o féretro de enerxía provinte dos bebedeiros , sin contar co dulce esparcimento das especias que manaron do incensario.
A garda arredor do difunto era total, pois sabíase que por algures merodeaban as feras.

HONRAS FÚNEBRES POLO SERVIZO PÚBLICO .- 13







HONRAS FÚNEBRES POLO SERVIZO PÚBLICO .- 14


E así, todos dispostos , co armamento debaixo das saias por si se achegaban eles e pasaba algo invadimos a calzada , ocupándoa destemuñamente , interrumpendo o paso dos vehículos nunha proba máis de que andamos dispostos a todo.
Por alí, entre os viandantes e os ocupantes dos coches, fliparon cantidad!!!