domingo, 18 de enero de 2009

CAMPAÑA EN NARÓN . 1 (Quén dixo medo!!)


Mais que lles pese, saímos absolutamente todos e todas a rúa.
E iso que desde a Xefatura mandaran a dous "emisarios" para que con a sua presenza os compañeiros se cortaran á hora de saír a rúa a protestar!

Narón; unha oficiña de Correos maltratada pola empresa, onde se realizan traballos imposibles con insuficiencia de persoal, onde a profesionalidade dos traballadores salvan dia a dia a reputación de Correos.

Narón : unha oficiña que repostóu a nosa chamada.

... E NON PASÓU NADA!! nengún expedente incoado, nengunha persecución, nengún acoso por tér saído a rua a protestar!!

VELAHÍ o xeito e a maneira de loitar polas cousas.
Porque, tendo en conta co aprendido coa forza dos anos, que Correos nunca nos vai regalar nada...
Teremos que conquerir as cousas loitando por elas nós mesmos!!

Coa forza que dá un colectivo de traballadores unido!!
Co respaldo auténtico que dá unha Xunta de Persoal e un Comité de Empresa de traballo constante, auténtico e cheo de ilusión por cambiar as cousas!!

NARÒN: UN EXEMPLO A SECUNDAR POR TÓDALAS OFICIÑAS DE CORREOS!!!

ESE É O CAMIÑO!!