domingo, 18 de enero de 2009

CAMPAÑA EN NARÓN . 4 (Narón afectado pola actual política agresiva de Correos)


A política agresiva que está poñendo en práctica Correos está dando lugar a alteracións da prestación do servizo de Correos no rural galego con motivo da entrada en vigor do R.D. 503/2007, de 20 de abril (Mº de Fomento; BOE 111 de 9/05/2007)

Este R.D. ven modificar os arts. 37 e 47 do R.D. 1829/1999, de 3 de Decembro; en relación á entrega de envíos postais nos entornos especiais ou cando concurran circunstancias ou condicións excepcionais; calificando de entornos especiais ás zonas de povoación diseminada, vivendas illadas e/ou ubicadas a máis de 250 metros da vía pública habitualmente utilizada por calquera dos servizos públicos.

O reparto faráse en estos casos mediante buzóns individuais ou agrupados ubicados ó paso ou en un punto de aproximación entre as vivendas e a vía de circulación.

Correos poderá convír cós usuarios ou os seus representantes, Concellos competentes, promotores e demáis entidades responsábeis da proxección, construcción e mantemento, das edificacións do entorno afectado, o estabelecemento, ubicación e financiación de instalacións axeitadas para a entrega dos envíos postais ordinarios.

Po-la súa banda; a modificación do art. 47 do citado R.D.; recolle que a Subsecretaría do Ministerio de Fomento poderá establecer excepcións ás normas de calidade cando o xustifiquen situacións excepcionais , por motivos de infraestructura ou de xeografía.