miércoles, 28 de enero de 2009

CAMPAÑA POR BOIRO. 2 (COMUNICADO - 2)


...Según a nosa valoración, xa daquela, se adicóu unha plantilla de carteiros insuficiente para Boiro, pois a proporción de empregados por habitante non é exacta, xá que as áreas urbáns están moito máis poboadas, mentras ós rurais hai que considerarlles tempo de traballo os desplazamentos para atender menos povoación, pero diseminada en, dende 60 km.-Boiro-Cespón-; ata 30 km, -Boiro Abanqueiro- ou Escarabote, que, son zonas para as que solicitamos se aporte máis plantilla por parte de Correos, porque tamén medraron en povoación e en servizos, e requiren de Correos e dos carteiros máis calidade.
A povoación de Boiro a 1 de Xaneiro de .2008, situábase en 18.730 hb. crecemento que ven a agudizar o problema de insuficiencia de plantilla na cartería. A zona urbana tamén se ve desbordada en agunha das súas áreas.

O problema de insuficiencia de plantilla é unha constante nas unidades de reparto da provincia, así como o é que os xefes de esas unidades presionen ós compañeiros para que repartan volumes de correo imposibles; como a falla de persoal é tan patente, estas pretensións son irrealizables; pero moitísimas veces os xefes consiguen coas suas presións directas, que os carteiros entren antes da sua hora e salgan despóis de terminada a sua xornada legal, para así entregar máis correo.