miércoles, 28 de enero de 2009

CAMPAÑA POR BOIRO. 3 (COMUNICADO- 3)




...Na cartería de Boiro , coa plantilla actual, hai zonas nas que se reparte o correo en dias alternos e/ou, en tres e catro dias, según os volumes de correspondência que vaian entrando.

A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa queremos transmitir ós veciños, que a pesares da problemática que estamos a poñer de manifesto para que Correos lle dea unha solución; a nosa empresa conta cós mellores profesionais i coa infraestructura de médios máis axeitada para dar servizo coa calidade que os cidadáns reclaman e merecen.
Só buscamos que as plantillas se adapten ás necesidades e que os nosos compañeiros podan repartir con dignidade e coa frecuencia de 5 días a semán que marca a Lei.