domingo, 5 de julio de 2009

1. MANIFESTACIÓN DO 14 DE XUÑO DE 2009


Pedímosvos disculpas pola tardanza en colgar a reportaxe e algunhas das fotos máis importantes da manifestación do dia 14 de Xuño en Compostela.

O compromiso adquirido polos nosos principios como Comités e a auténtica resposta dada polos nosos compañeiros non nos deixa lugar a dúbidas de que entre todos imos imprimirlle unha clara evolución a esta campaña.

O futuro inmediato de Correos e dos seus empregados é cada día máis incerto; e a calidade de este servizo centenario, para os seus destinatarios , os cidadáns, está empezando a deteriorarse por causa dun tipo de organización empresarial na que os costes redúcense disminuíndo plantillas ; e as consecuencias das regulacións de adaptación de Correos para a liberalización total de mercados postais a 31 de decembro do 2010, (RD 503/2007 de 20 de abril que regula a prestación de servizos postais; e RD 1298/2006 de 10 de Novembro que regula o acceso dos operadores privados á Rede Postal Pública) terán efectos visíbeis no servizo ós cidadáns.

As consecuencias para o cidadán son obvias:

Dificúltase y/ou imposibilítase a recepción do correo a lo menos 5 dias á semán según marca a normativa, pola reducción de costes en persoal.

Cando os cidadáns residen en lugares chamados polo RD 503/2007 de 20 de Abrl ; “entornos especiais”; (zonas rurais, lugares de difícil acceso e/ou de poboación diseminada) o servizo de reparto ordinario non se realizará en buzóns domiciliarios, senon en buzóns concentrados ou individuais ubicados ó paso ou en un punto de aproximación entre as vivendas e as vías de circulación.
Estamos ante un trato discriminatorio dos cidadáns polo lugar en que residen, xa que ademáis éstos pagan o mesmo e reciben peor servizo.

Ó respecto dos dereitos cidadáns, ,o articulo 17 de la ley 24/1998, del Servicio Postal Universal, regula o dereito a unha entrega na dirección postal de cada persoa fisica o xuridica, tódolos dias laborables y como minimo cinco dias á semán” e esta obriga encoménda-se ó operador que preste este servizo pùblico, en este caso Correos. E nós denunciamos que este artigo estáse a incumplir.

... E as consecuencias para Correos e os seus empregados poden chegar a ser unha auténtica pesadela:

Ó respecto da situación laboral do noso colectivo, as irregularidades diarias son :

As plantillas de tóda-las oficinas son insuficientes, un porcentaxe de correspondencia quéda-se sin repartir, as cargas de traballo son excesivas e o crecimento dos barrios e seccións de reparto fan o traballo diario irrealizable producindo estrés laboral ó traballador/a. Estas cargas de trabajo excesivas, doblaxe permanente de barrios, correspondencia acumulada, levan á plantilla de Correos a un constante malestar.
Temos probas e datos que confirman que non se cubren nin baixas médicas laborais, vacacións, asuntos propios, ni calisquer outra incidencia.
O mesmo ocurre có personal de atención ó publico, en admisión, tódala rede de oficiñas está en precario e con unha permanente falla de plantilla.
..
A viabilidade de Correos resulta menoscabada polas condicións en que queda regulado o acceso das empresas privadas de reparto á rede postal pública: o goberno, a través do RD /298/2008 obliga a Correos a poñerlles ás empresas privadas de reparto, cando éstas lles requiren un servizo, as mesmas condicións de prezo que o operador público tén para as suas propias filiales, empresas, entidades asociadas ou colaboradoras e remitentes de envíos masivos. Ademáis Correos verá aumentados os seus costes de producción có IVA, do que ata agora estaba exento.
Esta perigosa situación de viabilidade do operador público Correos fáinos temer moi seriamente pola conservación dos nosos postos de traballo, asemade de sufrir dende hai meses incrementos de cargas de traballo, por recortes nas contratacións, conxelación salarial , e unha perda de poder adquisitivo acumulado nos últimos anos, de aproximadamente 400 €/mes nos grupos profesionais máis baixos.

Poderiamos seguir falando e falando, mais agora compre parar: temos creada unha unidade sindical auténtica contra esos recargos salvaxes que están a facer.

Esta é a nosa resposta. Volas ofrecemos en 42 fotos que non van chegar a nada pero que por elas mesmas falóu o colectivo.

Agardamos gostedes desta pequena exposición. .......ADIANTE!!