miércoles, 15 de julio de 2009

CREADA A COORDINADORA GALEGA DE DELEGADOS DE CORREOS CONTRA O RECARGO


Pero quén dixo que os traballadores de correos galegos estabamos mortos??
Posiblemente no Estado falaráse das nosas cuestacións de coroas de mortos que todavía pululan nalgunhas carterías, ou mesmo o abandono e desidia dos jerifaltes de Saúde Laboral, o que provocan mortes en canteiras da nosa xente, ou da nosa insolidariedade mal entendida, ou do noso pasotismo i egoismo, de Galicia Bilingue, de tantas e tantas cousas polas que Galiza está...
... por séculos, cansa de sufrir!!
Mais tamén é certo que hoxe o galaico é unha persoa pacífica, que si non a pinchan, non se rebota. Eles o saben, por iso levan aproveitándose de nós perante moitos séculos, séculos de amargura e infernos.
Fronte a iso, Correos a través da "sua" xente acó, tentóu, tenta e tentará collernos como "mostras de proba" para os seus experimentos, en base a nosa "base pacífica e traballadora".
Nestes tempos que pasamos, eles están raiando o "no vai máis", tentando o imposibel para ver ate ónde chega o noso aguante.
Nin pensar nos beneplácitos e prebendas que se gañaron "eses" a conta nosa ano tras ano...
...Mais agora queren seguir enchendo a sua esmorga!!... "rizando o rizo"
Pois señores, vai ser que non!!
Que non lles vamos deixar !!
Acórdanse vostedes cando lles montamos a xunta de persoal e o comité de empresa ben montadiños, eh?
Acórdanse vostedes das xuntanzas que tiveran con nós , compañeiros de Pontevedra e da Coruña non hai moito tempo, e que vostedes raiaran -si non tocaran - o ridículo máis espantoso?
Mais vostedes teñen a teima de seguir sen querer pararse nen a saudar... nen tan siquera a escoitar... despreciando a toda-la masa traballadora postal de Galiza.
Aunque esa masa laboral se lles levantara en Santiago o 14 de Xuño!!!!
Pois ben, queridos señores: hoxe, dia 15 de Xullo, déuse lugar a constitución dalgo que vostedes dalgún xeito procuraban con os seus feitos, pero sen sabe-lo: a UNIDADE GALEGA CONTRA O RECARGO.
SI SEÑORES: OIRON MOI BEN!!
A creación da agardada:
COORDINADORA GALEGA DE DELEGADOS DE CORREOS CONRA O RECARGO.
Mais non se asusten, que nós non imos comer a ninguén.
Que como traballadores galegos de Correos temos algo do que muita xente carece:
DIGNIDADE
E isa dignidade é a que nos dí que nos sentaremos a negociar cando vostedes entren en razón.
Ollo!, a negociar, non a optar por xuntanzas informativas das que vdes. son expertos.
Namentras, se vostedes siguen optando polo camiño da prepotencia, de desprecio.
A COORDINADORA PODE SER UNHA AUTÉNTICA PESADELA NOS SEUS SONOS.
VOSTEDES DECIDEN, POIS A PELOTA ESTÁ NO SEU TELLADO AGORA.