domingo, 5 de julio de 2009

A DIRECCIÓN TERRITORIAL NON SABE POR ONDE SAÍR...

Ó DIRECTOR TERRITORIAL DE CORREOS DA ZONA 1ª

SANTIAGO DE COMPOSTELA


Asunto: Solicitude aclaración cifras estatísticas.

Prezado Sr.:

En xuntanza informativa mantida polos sindicatos desta provincia o pasado día 24 de xuño do ano en curso, cós representantes en quen vostede delegou a súa responsabilidade; a maiores de indicarnos estes xenericamente que o volume de tráfico postal en circulación pola rede deste operador público baixou nos últimos meses, insistiuse verbalmente en cifras absolutas de envíos perdidos ó día, que se concretaron en 5.000.000 para toda Galicia.

Pola nosa banda, fixemos contas e resúltanos, que aínda sendo en Galicia os aproximadamente 4.236 empregados (asignados na realidade a diferentes postos de traballo); todos carteiros titulares de cadansúa zona de reparto; esa perda de envíos día viría a significar, que cada sección quedase con 1.180 obxectos menos ó día, volume que na realidade sería superior, dado que, como sabe, dos 4236 empregados de correos da zona 1ª, uns son xefes, e outros están en funcións distintas ás de reparto, de xeito que se fose auténtica a cifra dada, os carteiros estarían a repartir 100 obxectos, 10 obxectos, ou incluso números negativos: -100 obxectos, -200 obxectos…, é sabido dos profesionais desta casa, que a media de obxectos día recoñecidos a sección cando hai un volume de tráfico normal, podía oscilar entre os 900 e os 1300, segundo a tipoloxía da zona de reparto; por este motivo, porque visitamos a diario as carterías e segue a haber carga de traballo suficiente, e nas zonas sobredimensionadas, acumulacións; parécenos que a cifra dos 5.000.000 de envíos perdida/día é falsa ou está descontextualizada, de maneira que lle solicitamos a aclaración pertinente deste extremo.

Tampouco nos cadra que se nos veña a comunicar que o volume de contratacións e de cobertura de postos en Galicia se vaia manter; si segundo lle manifestan á prensa vai haber 1344 contratacións para toda Galicia, e nós temos constancia, de que só na provincia da Coruña, no ano pasado efectuáronse 1.700 contratacións nese mesmo período. E posteriormente recoñeceron, así mesmo diante da prensa, que o ano pasado se fixeran na provincia da Coruña 620 contratos (cifra coa que non estamos de acordo) e que este ano se farían 535, aínda con non estar conformes coas cifras, xa recoñecen que se van reducir as contratacións en case un 15%.

Por eso non entendemos e queremos que nos explique porque se nos di que van a manter o mesmo número de contratos do pasado ano.

Os órganos de persoal da provincia, e os compañeiros ós que representamos, entendemos que pola banda da súa Dirección se está incurrindo en manipulación de datos para instaurar incrementos de productividade gratuítos que non son lexitimamente esixibles, por ese motivo, requerímoslle as aclaracións pertinentes e anunciámoslle que é a nosa vontade a de seguir a facer as accións de defensa dos dereitos dos nosos compañeiros que estimemos oportunas.

Sen máis que agardar pola súa resposta; saudámolo.

A Coruña; a 2 de xullo de 2009.



O Presidente da Xunta de Persoal O Presidente do Comité de Empresa.