domingo, 5 de julio de 2009

2. Inquedos e con gañas.


Moita expectación xenerara esta manifestación, fortemente potenciada polos COMITÉS de A CORUÑA mediante as suas concentracións nas cabeceiras de zona e de duas rondas intermitentes de asembleias, tocando absolutamente tódolos centros de traballo provinciais.
Igualmente fixeran o mesmo os compañeiros de Pontevedra, que cada vez están y estamos máis próximos a traballar conxuntamente, agardando que os colectivos de Lugo e Ourense se nos unan cara constituir un único fronte común de loita.
1.000 persoas sonan a pouco, tendo en conta a raiba e as gañas de absolutamente tódala plantilla galega de correos... moitos, por moitas razóns, non poideron vir, aunque o seu corazón alí ficaba presente.
Vaia por el@s adicado este reportaxe, porque sabemos que responderán nas vindeiras movilizacións que se convoquen.