Dende a Xunta de Persoal e dende o Comité de Empresa de Correos da provincia da Coruña tomamos a decisión de trasladar a problemática dos “recargos” ó ámbito de Galicia pois entendemos que esgotados os pasos que podíamos dar a nivel de provincia e sen conseguir a resposta axeitada, agora é necesario dar un paso adiante nas mobilizacións, por eso e de cara a conseguir o éxito agardado
CONVOCÁMOSVOS:
Como membros das Xuntas de Persoal e dos Comités de Empresa das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, loxicamente onde estean constituídos estes órganos, ou ben como delegados ou delegadas de persoal das mencionadas provincias galegas ou delegados sindicais dos sindicatos con representación nestas provincias
A unha xuntanza que terá lugar o vindeiro mércores día 8 de xullo de 2009 no CTA de Lavacolla ás 10:30 horas en primeira convocatoria e ás 11:00 horas en segunda convocatoria.
A orde do día de dita reunión constará dos seguintes puntos:
1. Presentación dos membros participantes por cada sindicato ou pola Xunta e Comité das catro provincias.
2. Constitución dunha coordinadora galega composta por un número de representantes por sindicato que se decida na xuntanza. (Levar propostas).
3. Acordo sobre das actuacións inmediatas a levar a cabo no período vacacional. (Aportar propostas).
4. Varios, Rogos e Preguntas.
NOTA.- Sería conveniente que cada sindicato estivera representado canto menos por un delegado de cada unha das provincias nas que teña representación.
Na Coruña a 2 de xullo de 2009.
José Francisco Patiño Bermúdez Miguel Ramudo Pérez
Presidente Comité Empresa (A Coruña) Presidente Xunta Persoal (A Coruña)