XUNTANZA INFORMATIVA DA DIRECCIÓN DE CORREOS CUNHA REPRESENTACIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA E DA XUNTA DE PERSOAL DE CORREOS DA CORUÑA O DÍA 24 DE XUÑO DE 2009
Participan por parte da Dirección: Xefe Provincial da Coruña, Xefa de Loxística da Coruña e Xefe de Relacións Laborais de Zona. Non acude o Director Territorial a quen se lle solicitou esa xuntanza e mais a súa presenza.
Por parte dos Comités da Coruña: Están presentes os sindicatos CCOO, CIG, S.Libre e CGT.
O Xefe Provincial infórmanos do seguinte en relación cos recargos:
Ø Que se van a facer practicamente o mesmo número de recargos que no pasado ano.
Ø Os urbanos recargarán unha sección por distrito en xullo e dúas en agosto, sempre que a carga de traballo o permita.
Ø Que os rurais que voluntariamente non o acepten non se lles vai obrigar a levar recargo. Que os que acepten van a ter unha compensación (Non especificou cal, ainda que lle preguntamos, imaxinamos que o pago do quilometraxe)
Ø Con todo elo poden darse “VARIABLES”, é dicir, baixas ou outro tipo de permisos que supoñan ausencias. Nese caso se as circunstancias así o recomendan, poderán recargar ós colindantes.
Ø Se o volume de correo varía tanto nun sentido como noutro poden tomar outras medidas para axustar o persoal á carga de traballo.
Por parte dos sindicatos:
Ø Non se acepta de ningunha maneira a postura que toma a dirección e moito menos os datos estadisticos que empregan para xustificar os recargos (Non documentados e totalmente fora de contexto)
Ø Informarán a todos os traballadores, tomando as medidas que se decidan en cada oficina afectada.